Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Conclúe a investigación aberta polo Concello tralo verquido ó río Miño


# Venres, 13/03/2015
A causa do verquido foi un atasco, xa resolto, no aliviadeiro do Valiño que ocasionaron sólidos de gran tamaño

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, informa de que a investigación aberta tralo verquido ó río Miño rexistrado o pasado martes á altura do Balneario determinou que a causa do mesmo foi un atasco puntual no aliviadeiro do Valiño, que xa quedou solucionado.

A investigación que puxo en marcha o Servizo de Medio Ambiente do Concello de Lugo ó ter coñecemento da existencia do devandito verquido concretou que o problema debeuse a un atasco que se produciu “pola incorporación de sólidos de gran tamaño que impedían o paso da auga da cámara de retención ó colector xeneral”. 

O informe tamén indica que “unha vez retirado o atasco, a infraestrura opera adecuadamente e non se produce alivio algún ó río Miño”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova