Imprimir

CONCLÚE A INVESTIGACIÓN ABERTA POLO CONCELLO TRALO VERQUIDO Ó RÍO MIÑO


13/3/2015 A causa do verquido foi un atasco, xa resolto, no aliviadeiro do Valiño que ocasionaron sólidos de gran tamaño

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, informa de que a investigación aberta tralo verquido ó río Miño rexistrado o pasado martes á altura do Balneario determinou que a causa do mesmo foi un atasco puntual no aliviadeiro do Valiño, que xa quedou solucionado.


A investigación que puxo en marcha o Servizo de Medio Ambiente do Concello de Lugo ó ter coñecemento da existencia do devandito verquido concretou que o problema debeuse a un atasco que se produciu “pola incorporación de sólidos de gran tamaño que impedían o paso da auga da cámara de retención ó colector xeneral”. 

O informe tamén indica que “unha vez retirado o atasco, a infraestrura opera adecuadamente e non se produce alivio algún ó río Miño”.