Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo contará cun centro de referencia arqueolóxica dentro das instalacións do Vello Cárcere


# Venres, 13/03/2015
Esta nova instalación permitirá almacenar pezas arqueolóxicas e disporá dunha biblioteca sobre a historia de Lugo destinada a investigadores

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, acompañados polos arqueólogos municipais, visitaron esta mañá as novas instalacións do que será un centro de referencia arqueolóxica do Concello de Lugo.

O novo espazo, que se atopa dentro das instalacións do futuro centro cultural Vello Cárcere, ocupa un espazo de dúas prantas. Na pranta baixa crearase un almacen no que se depositen as pezas de orixe romano recuperadas nas diferentes excavacións arqueolóxicas e que tiveron que ser trasladadas temporalmente pola execucion das obras e onde poderán ser estudadas por investigadores.

A segunda pranta vai a estar formada por unha biblioteca especializada na historia de Lugo e en arqueoloxia, unha zona de despachos e unha sala de consultas na que poderán desenvolver o seu traballo os investigadores. Neste mesma sala instalaranse equipos informáticos que recollen todo o catálogo de pezas que se dixitalizaron nos últimos anos co programa Muralla Dixital e que tamén estarán dispoñibles para consulta. 

A Concelleira de Economía destacou a importancia que o Goberno de Orozco da aos temas arqueolóxicos e que “anteriormente non se trataban de conservar” pero dende a súa chegada “conseguimos ser pioneiros incluso na conservación in situ de restos arqueolóxicos e incluso recibimos recoñecementos como o da Academia de Belas Artes”. Neste sentido, lembrou que o Concello invertiu 300.000 euros na posta en funcionamento de ventás arqueolóxicas co fondos do Plan Urban que ten o 80% de cofinanciación do FEDER da Unión Europea, do Concello e da Deputación de Lugo.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova