Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Lvcvs Cvltvral inclúe este ano a celebración dun Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Cociña da época romana, que terá lugar do 17 ó 19 de abril


# Venres, 13/03/2015
 O desfile de moda romana celebrarase o día 19 na praza Maior

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Asociación Lugo Monumental participa no Encontro coa organización de Vestimenta


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción Lingüística, Carmen Basadre, presentou hoxe o Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Cociña de época romana, nun acto no que estivo acompañada polo Presidente da Asociación Lugo Monumental, Luis Latorre.

Este evento, que se inclúe nas actividades organizadas polo Concello dentro do Lvcvs Cvltvral, terá lugar os días 17, 18 e 19 de abril na praza Maior e contará coa colaboración de Lugo Monumental, que organiza a terceira edición de Vestimenta.

Carmen Basadre destacou a importancia de sumar esforzos para darlle a maior proxección a unha festa de tanta importancia para a cidade como o Arde Lvcvs.

A Concelleira de Cultura tamén manifestou que o Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Cociña de época romana, que se desenvolverá na praza Maior, servirá para quentar motores para o Arde Lucus 2015, xa que nos axudará a preparar as vestimentas e peiteados para a festa.  

Pola súa parte, Luis Latorre agradeceu a colaboración do Concello nas anteriores edicións do Vestimenta e salientou que este ano estreitase esa cooperación o que debe servir, dixo, para mellorar aínda máis o Arde Lvcvs.

Tocante ó programa do Encontro, Carmen Basadre anunciou que, durante os tres días que vai durar, instalaranse casetas con produtos romanos de 22 artesáns e tendas  e tamén están previstos obradoiros e actividades para nenos e maiores en distintos emprazamentos do Casco histórico, coa participación da maioría das asociacións do Arde Lucus. Ademais, o venres, ás 21.00 horas, haberá un desfile a Cohors III Lvcensivm.

Para o domingo, día 19, está programado o Desfile de Moda e complementos romanos, que se celebra por quinto ano consecutivo e terá lugar a partir das 18.30 horas na praza Maior, diante do Concello. O desfile será custodiado pola Guardia Pretoriana.

Os horarios do Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Cociña de época romana serán os seguintes: 

Venres, día 17: de 17 a 22 horas.
Sábado, día 18: de 11 a 14 horas e de 17 a 22 horas.
Domingo, día 19: de 11 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova