Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo acorda coa Xunta e o Ministerio de Fomento investir este ano 192.000 euros na renovación urbana do Casco histórico lucense


# Sábado, 14/03/2015
López Orozco asinou o acordo, que vai mellorar a accesibilidade de tres prazas emblemáticas do Casco histórico de Lugo, con Ana Pastor e Feijóo

O Concello achega o 48,47% do gasto total nunha actuación que se levará a cabo nas prazas Maior, de Pío XII e da Soidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou hoxe coa Ministra de Fomento, Ana Pastor, e co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o acordo relativo á área de rexeneración e renovación urbana do Casco histórico de Lugo.

O acordo correspóndese coa anualidade 2015 do Plan estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

A sinatura do acordo por parte do Alcalde de Lugo, a Ministra de Fomento e o Presidente da Xunta de Galicia produciuse a última hora desta mañá no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

As tres administracións asinantes manifestan neste documento que na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Histórico de Lugo programouse a finalización das obras de reurbanización do ámbito no que se rehabilitaron 34 vivendas estimándose un custe total subvencionable da actuación que ascende a 192.141 euros, dos que 153.569 son para o investimento nas obras de reurbanización previstas e os 38.571 restantes correspóndense o custe do equipo técnico de xestión.

O acordo tamén establece que o Concello de Lugo achegará a cantidade de 93.129 euros que representan o 48,47% do total. O Concello asume 68.058 euros do investimento nas obras de reurbanización e outros 25.071 euros correspondentes ós gastos de xestión. Pola súa parte, o Ministerio de Fomento aporta 67.249 euros, cantidade que supón o 35% do total. Desta cifra, 53.749 euros son para a reurbanización e 13.500 euros para os gastos de xestión. E a Xunta de Galicia farase cargo de 31.762 euros correspondentes ó investimento en obras, cifra que supón unha porcentaxe do 16,53% do custe total das actuacións.

O acordo asinado hoxe por López Orozco con Ana Pastor e Núñez Feijóo permitirá a realización das obras de mellora da accesibilidade e dos servizos en tres lugares emblemáticos do Casco histórico de Lugo como son a Praza Maior, a Praza de Pío XII e a Praza da Soidade.

Con esta actuación, vaise acabar coas dificultades de mobilidades que lles prantexa ás persoas que se desprazan en cadeira de rodas o empedrado do pavimento existente nas tres prazas. Para elo, trátase de substituir parte do empedrado por unhas baldosas de granito coas que se crearán uns itinerarios polos que se lles permita desprazarse con comodidade ás persoas con problemas de mobilidade. Ademais, na zona da Praza Maior tamén se aproveitarán as obras para resolver un problema de saneamento existente no fondo desta praza e a súa confluencia coa de Santa María.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova