Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O I Ciclo de Cine Arqueoloxico e o I Concurso de Escaparates dúas das novidades para a celebración do Arde Lucus 2015


# Luns, 16/03/2015
Ademais tamén se abre o prazo para participar no III Certame de Latín para mozos e mozas de entre 16 e 28 anos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá varias actividades previas á festa de recreación histórica Arde Lucus 2015.

Así, por primeira vez, vaise a  celebrar o I Ciclo de Cine Arqueolóxico en colaboración co Festival Internacional de Cine Arqueolóxico do Bidasoa e que recolle os mellores documentais de temática antiga que pasaron polo un dos festivais máis prestixioso de Europa neste xénero. En total serán 8 documentais, catro de temática castrexa e catro de temática romana, que se proxectarán na Sala de Grupos do Museo Interactivo da Historia de Lugo ás 21 horas e de entrada gratuita.

Este ciclo abriráo o día 14 de abril o documental francés Cuando los galos perdieron la cabeza dirixido por David Geoffroy e que estará en versión orixinal subtitulado. Este traballo ambientado na Idade de ferro recibiu o Gran Premio do Festival no 2012. A continuación proxectarase Tras las huellas de los celtas tamén de orixe francés e dirixida por Marc Jampolsky.

O martes 21 de abril terá lugar a proxección de Los festines de Luern:una investigación arqueológica sobre los festines galos dirixida por David Geoffroy e que taméne está ambientado na Idade de Ferro. A continuación, poderase visionar unha producción española dirixida por Jose Manuel Novoa e que se titula El legado celta.

Os documentais de temática romana comezan o martes 28 de abril co documental francés Arles-Rhône 3: del río al museo e que no ano 2014 levou o premio ARKEOLAN á divulgación científica. O seguinte traballo visionado será o traballo, tamén de orixe francés, El Impero romano: legionarios de Roma dirixido por Serge Tigneres.

Finalmente, o ciclo de documentais arqueolóxicos remata o martes 5 de maio coa proxección de El perfume recuperado dirixido por Luc Ronat e que versa sobre a reconstrución das fragancias dun perfume milenario italiano. O último documental de orixe italiano será Herculano, diario de la oscuridad y de la luz  dirixido por Marcellino de Bagis.

I Concurso de Escaparates do Arde Lvcvs

A Concelleira de Cultura tamén presentou a primeira edición do concurso de esparates do Arde Lucus e nos que se premiará aos mellor decorados e integrados na festa. A inscrición para os establecementos que queiran participar realizarase entre o 4 e o 20 de maio na Concellería de Xuventude. Os participantes recibirán un distintivo de “Escaparate de concurso” para identificar o seu establecemento ademais de incluirse na web do Arde Lucus e deberán exhibir os seus escaparates como mínimo entre o 8 e o 21 de xuño, coincidindo co Arde Lucus e día no que se fará a entrega dos premios.

Este I Concurso de Escaparates terá tres premios: un primeiro de 600 euros, promoción publicitaria e nomeamento como Civis Honoris do Arde Lvcvs 2015; un segundo de 300 euros e promoción publicitaria e un terceiro de 200 euros e promoción publicitaria.

Ademais Carmen Basadre explicou que durante o mes de maio o Concello organizará varios talleres gratuitos de decoración de escaparates destinado especificamente a comerciantes e hosteleiros. 


III Certamen Seu Ludus Litterarum 

Con motivo do Arde Lucus o Concello tamén convoca a terceira edición do certame literario en latín Seu Ludus Litterarum “Lucus Cultural”. O prazo para a presentación dos orixinais será ata o 17 de abril

A Concelleira explicou que esta é unha iniciativa coa que se trata de promover o coñecemento e cultivo da língua latina da que procede o noso romance galego. O certame está dirixido a mozos de entre 16 e 28 anos de idade, de calquera nacionalidade, que deberán presentar relatos inéditos escritos en latín e que traten sobre a fundación da cidade de Lugo.

Haberá dous premios valorados en 300 euros. Un deles para participantes de 16 a 18 anos e outro para os de idades comprendidas entre 18 e 28 anos. No caso de que o premiado ou premiada sexa de fóra do Concello de Lugo, poderá escoller, en vez do premio en diñeiro, unha invitación para dúas persoas á festa do ARDE LUCUS do 2015 consistente en aloxamento durante as tres noites da fin de semana con almorzo incluído.

As bases establecen que os relatos deberán ter unha extensión máxima de dous folios ou 4.000 caracteres con espazos incluídos. O xurado, que estará formado por especialistas en língua latina, valorará tanto o contido como a calidade da composición. As obras presentaranse, nun sobre pechado, na Oficina de Información Xuvenil, Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”, Rúa Quiroga Ballesteros s/n, 27001, Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova