Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de estudantes de cidade de Landau en Alemaña visitaron esta mañá a Casa do Concello


# Martes, 17/03/2015


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá  a visita dun grupo de estudante do instituto Eduard-Spranger Gymnasium da cidade de Landau próxima a Estrasburgo, en Alemaña,  que se atopan de intercambio co IES Sanxillao e durante unha semana coñecen Lugo e visitan outras cidade de Galicia.

López Orozco deulles a benvida en alemán e lembrando algunhas das anecdotas da súa visita a Alemaña e falou da importancia que estes intercambios de alumnos a nivel europeo teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respetarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas e creando unha Europa unida”.

Estes intercambios fanse entre alumnos de 14 e15 anos e os estudantes lucenses visitarán no próximo mes esa rexión da Alemaña que destaca por ser unha zona vitivinícola e próxima a Francia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova