Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo invirte máis de 120.000 euros na mellora de diferentes instalacións deportivas


# Mércores, 18/03/2015
Entre as obras destaca a reposición da valla perimetral da pista de hockei instalada no polideportivo da Piringalla

O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, anunciou esta mañá a realización de obras de mellora en diferentes instalacións deportivas que se poñen a punto coa chegada do bo tempo e que teñen un orzamento total de 121.000 euros en colaboración coa Deputación de Lugo.

Díaz Grandío destacou as obras de reposición total da valla perimetral da pista de hockei instalada no polideportivo da Piringalla e que supoñen a inversión máis grande xa que a que se vai a instalar “é a mellor valla que hai hoxe no mercado ademais de que non existen máis de vinte en todo España e está homologada pola Federación Internacional”. Asi, os xogadores e membros das escolas deportivas de hockei e patinaxe de Lugo van a poder contar con ela para este verán.

Outra das melloras será a creación duns accesos aos vestiarios do campo de beisbol de o Ceao dende o campo que mellorará as condicións deportivas e de uso das instalacións.

Ademais tamén se vai a repoñer o aillamento térmico na escaleira da piscina climatizada de Frigsa, e a instalación complementaria da zona de rego das pistas Gregorio Pérez Rivera.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova