Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo renuncia a pedir un préstamo de 2,8 millóns de euros para financiar investimentos municipais


# Mércores, 18/03/2015
O Concello tivo 10,7 millóns de euros de superavit en 2014 e a boa situación económica municipal permítelle dispor de parte dos remanentes para executar investimentos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Sonia Méndez destaca que o Concello de Lugo segue a reducir a súa débeda, que xa é a metade da que deixaron os gobernos do PP


O Goberno local renuncia a pedir o préstamo por importe de 2.800.000 euros previsto nos Orzamentos municipais para este ano xa que o superávit nas contas do Concello en 2014 permite financiar os investimentos previstos con parte do remanente acumulado. Así o explicou a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, que compareceu xunto co Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local.

Sonia Méndez explicou que no Concello de Lugo “no exercizo de 2014, como en todos os anteriores desque é Alcalde López Orozco, pechouse a liquidación do Orzamento con 10.700.00 euros de superávit en termos de contabilidade nacional o que reflicte que, no seu día, fixemos unha previsión axustada de ingresos e gastos, actuamos con prudencia na xestión dos gastos e non gastamos máis do que ingresamos”.

Méndez destacou tamén que ese superávit “nos permite tamén, un ano máis, non ter que acudir á operación de crédito prevista nos Orzamentos de 2015, por un importe de 2.800.00 euros, non será necesaria contraer ese préstamo que se substituirá con parte dese superávit”.

A decisión de non pedir ese préstamo suporá “mellorar substancialmente a nosa situación financieira porque seguimos reducindo a débeda do Concello, que queda prácticamente na metade que herdamos do Partido Popular, xa que o importe da débeda financieira a longo prazo é agora mesmo de 22.500.000 euros o que nos sitúa moi lonxe do límite establecido polo Ministerio de Facenda para as operacións de crécito das administracións locais, que é de 62.700.000 euros”, detallou a Concelleira de Economía.

Méndez lembrou tamén que nos Orzamentos de 2015 está prevista como fonte de financiamento o produto da venda das accións que ten o Concello no Clube Deportivo Lugo pero o Goberno local, dado que ese proceso aínda non rematou non quere que se retrasen os investimentos ós que se ían destinar eses 600.000 euros. Por este motivo, acordouse adicar parte dos remanentes a financiar tanto os proxectos que resulten seleccionados dos Orzamentos Participativos como as obras da Praza de Abastos.

A Concelleira de Economía explicou que, unha vez aprobado pola Xunta de Goberno Local, tratarase na próxima Comisión de Contas para levalo ó Pleno do mes de abril no que, como indicou Sonia Méndez, “agardamos contar co apoio de todos os grupos e que se aprobe por unanimidade, xa que esta decisión, como dí o informe do Interventor, esta medida supón que se reduza considerablemente a débeda viva do Concello, que se minore a carga financieira futura, e dicir, a de xuros e amortizacións, que aumente o aforro neto futuro, e, en xeral, mellora a estabilidade económica do Concello e a situación financieira futura”.

Explicou tamén que a Xunta de Goberno aprobou ademais unha modificación de menor incidencia do Orzamento pola necesidade de dar cobertura económica das dúas prazas de educadoras sociais.
 
Outros acordos

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente informou, pola súa parte, de que a Xunta de Goberno Local tamén acordou conceder licenza para a realización dunhas obras previas necesarias para a construción do ascensor que fará accesible o adarve da Muralla romana no Carril dos Romanos.

Luis Álvarez lembrou que a solicitude deste permiso foi presentada hai só uns días pola Consellería de Cultura que tiña pendente facer ese trámite para poder realizar as obras.

Concretamente, a licenza aprobada hoxe autoriza a realización das obras de execución de tres novos pozos para o desvío do actual trazado da rede de saneamento e o desprazamento de dous pozos de electricidade, que se verían afectados polas obras do ascensor. Esta licenza é complementaria da concedida a principios deste mesmo mes e non supón cambio no presuposto para a construción do ascensor. O orzamento da obra é de 74.313,59 euros e o prazo de execución, de 36 meses.

A Xunta de Goberno Local tamén concedeu unha licenza para a instalación dun ascensor que mellorará a accesibilidade no templo de San Antonio de Padua e no edificio de vivendas parroquiais, que conlevará o cambio de cuberta no edificio parroquial, así como o cambio de porta do templo situada no soto e modificación da fachada coa colocación de ascensor.

O Goberno local, pola contra denegou a licenza solicitada para a demolición parcial dun edificio situado na Rúa Nova, número 60, consistente no vaciado interior do inmoble, ó tratarse dunha actuación non permitida en inmobles existentes no ámbito do PEPRI e non preverse ningunha actuación que o xustifique.

Ademais, acordouse impoñer unha cuarta multa coercitiva por importe de 5.000 euro á propiedade do número 1 da rúa Fonmiñá  como consecuencia do incumprimento da orde de execución de obras referidas á restauración  da carpintería, limpeza de vexetación, retirada de elementos soltos e análise pormenorizado da seguridade estrutural do inmoble. Acórdase requerir de novo o cumprimento da orde de execución.

E tamén se decidiu declarar a caducidade da licenza concedida no seu día para a construción dun edificio na Avenida Duquesa de Lugo, parcelas VII e VIII, bloque 3, polígono P3, da modificación puntual do PXOU, Ponte da Estación Ponte Romai ao concorrer causa de demora na súa finalización incumprindo o prazo de execución ao ter transcorrido o prazo de 30 meses para a súa terminación atopandose aparentemente interrompida o que produce a extinción da autorización que a licenza urbanística comporta.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova