Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo decidirá en abril sobre a xestión do ciclo da auga


# Mércores, 18/03/2015
O Goberno local aposta por un modelo de xestión directa logo de que fora imposible a creación da proxectada Empresa mixta

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe que o Concello ten previsto decidir no Pleno do mes de abril sobre a xestión do ciclo integral da auga.

Luis Álvarez lembrou que o Goberno local aposta por un modelo de xestión directa, unha vez que tivo que desbotar a creación da proxectada Empresa de economía mixta con maioría de capital municipal como consecuencia da entrada en vigor da nova lexislación estatal de administracións locais.

Como consecuencia dese cambio normativo, o Concello viuse obrigado a desbotar a creación da Empresa mixta da auga, na que a administración municipal tería maioría cun 74% do capital, pero coa nova normativa “a pesar de que a economía saneada do Concello permitía a súa creación, tivemos que abortar ese proxecto e oi necesario volver iniciar o procedemento” explicou Luis Álvarez.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente engadiu que “confiamos en que no Pleno ordinario de abril se aprobe o modelo de xestión que, como saben, pasa a ser, de novo, de xestión directa por parte do Concello”.

Como paso previo ó Pleno do 6 de abril, Álvarez anuncio para a próxima semana “a que entendemos será a derradeira reunión da Comisión técnica que se encarga de estudar o modelo de xestión do ciclo da auga no Concello de Lugo”.

A xuntanza da Comisión técnica da auga celebrarase o vindeiro martes, ás 9 da mañá.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova