Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza este venres unha observación do eclipse solar e unha andaina de benvida á primavera


# Mércores, 18/03/2015
A observación realizarase entre as 9 e as 11 da mañá dende o adarve da Muralla entre a Porta de San Pedro e a Mosqueira e posteriormente realizarase a andaina

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou de que o próximo venres día 20 de marzo con motivo do eclipse solar e da entrada da primaveira o Concello de Lugo organiza varias actividades para que os cidadáns as desfruten.

Así, as actividades comezan coa observación do eclipse solar entre as 9 e as 11 da mañá e no que varios especialistas da Federación Galega de Astronomía, axudarán aos cidadáns, que se acheguen ao adarve da Muralla na zona da Mosqueira, a coñecer e visualizar mellor o eclipse. Deste xeito, con periscopios e prismáticos adaptados o especialista Francisco González dará información sobre os eclipses.

Posteriormente farase unha ruta de sendeirismo para darlle a benvida á primavera que se iniciará sobre 11.30 dende a Ponte Romana de Lugo.

Esta andaina realízase para mostrar os diferentes cambios que suceden na natureza coa chegada da primavera. Calquera persoa poderá participar, xa que a ruta ten un perfil suave e realízase a través dun bo firme.

A ruta transcorrerá polas ribeiras do Río Miño, comezando na Ponte Romana e dirixíndose pola marxe esquerda do río cara á Fabrica da Luz. Chegando ao parque onde se sitúa a Área Recreativa dos Robles, percorrerase a senda paralela á ribeira do Miño ata que esta remata, próxima á Acea do Rei Chiquito. Despois continuarase pola senda existente na beira da estrada de Ombreiro ata chegar á ponte da antiga estación elevadora de augas. Dende alí daríase á volta volvendo a realizar este mesmo percorrido ata chegar á Ponte Romana. Dependendo do tempo invertido na ruta podería rematarse antes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova