Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nenos e nenas de Lugo serán os protagonistas dos días dos Bosques e da Auga


# Mércores, 18/03/2015
O Concello organiza esta fin de semana contacontos e obradoiros para que os cativos se sensibilicen co medio ambiente

Son actividades gratuítas que terán lugar no Uxío Novoneyra e para participar nelas só é preciso inscribirse chamando ó 010
 
O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe a celebración de diversas actividades organizadas polo Concello, a través do servizo de Medio Ambiente, para sensibilizar ós nenos e nenas de Lugo sobre a necesidade de coidar a natureza aproveitando a celebración do Día internacional dos Bosques, que se celebra este sábado, e do Día mundial da Auga, que se conmemora o domingo.

Luis Álvarez anunciou que as actividades programadas consistirán en contacontos e obradoiros de actividades creativas orientados ós cativos con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.

Para os nenos e nenas de 5 a 9 anos celebraranse contacontos e para os cativos de 6 a 12 anos organizaranse distintos obradoiros. En todos os casos, trátase de actividades gratuítas que terán lugar no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra e para realizar a inscrición só é preciso chamar ó teléfono municipal de atención cidadá 010 (982 297350 no caso das chamadas que se efectúen dende fóra de Lugo).

Con motivo do Día internacional dos Bosques, o sábado 21 de marzo, está programada a celebración do contacontos “O bosque da alegría, destinado a nenos e nenas de 5 a 9 anos, que se desenvolverá en dúas sesións, con 20 prazas cada unha, de 10.00 a 11.30 horas e de 12.00 a 13.30 horas.

Tamén se celebrarán, cos mesmos horarios e co mesmo número de prazas, dous obradoiros creativos cada un con dúas sesións. Nun deles, que se celebrará baixo o lema “Crea o teu propio bosque”, os pequenos realizarán bombas de sementes e macetas con material reciclado para crear un bosque de maneira que aprenderán xogando cómo funciona un bosque e a importancia de coidalo. O segundo obradoiro, titulado “Quén vive ahí?”, ten por obxecto que os cativos aprendan a facer os seus propios comedeiros para aves a partir de materiais reciclados e pegadas de animais en barro, de xeito que aprendan a coñecer ós habitantes dos bosques.

O domingo, 22 de marzo, os participantes sumaranse á celebración do Día mundial da Auga. Nesta ocasión, a programación será polas tardes, en sesións de 16.30 a 18.00 horas e de 18.30 a 20 horas. O número de prazas será de 20 prazas para cada unha das actividades previstas. Así, os nenos e nenas de 5 a 9 anos poderán asistir a unha das dúas sesións do contacontos titulado “As aventuras de Pilucha”. E os pequenos que teñan entre 6 e 12 anos podrán tomar parte en calquera dos dous obradoiros creativos que se celebrarán tamén en dúas sesións. Un deles chámase “Creando na auga” en el aprenderase a crear cadros experimentando coa auga mediante a técnica denominada de marbling. E o obradoiro “¡Cada gota conta!” será unha oportunidade para que os nenos e nenas experimenten coa auga levando un pedazo de río nunha botella, construirán unha mini depuradora e coñecerán a importancia que ten coidar deste valioso recurso.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova