Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presentou a nova programación cultural ata o mes de xuño con diversas actividades para todas as idades


# Mércores, 18/03/2015
Ademais haberá un ciclo de teatro en colaboración co AGADIC e que desenvolverán obras relacionadas con temas de actualidade

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a nova programación cultural para os meses de maio e xuño de 2015.

Este programa recolle todo tipo de actividades, dende música, teatro, actividades guiadas, historia e arqueoloxía ou danza e dirixida a todos os públicos e idades para que os cidadáns da Lugo poidan desfrutar de actividades diferentes e culturais, segundo destacou Carmen Basadre.

Ademais de todas estas actividades hai programadas visitas dentro do programa Lugo pedra a pedra, Terras de Auga e Cultura e Visitas guiadas polo Lugo Romano, que permitirán aos excursionistas coñecer outras parte de Lugo e da súa zona rural.

Teatro e Danza Urbana

Dentro da programación destaca un ciclo de teatro dirixido a todos os públicos pero que trata temas de especial importancia para os mozos e mozas como son os conflitos, a moralidade e as emocións. 

Son catro obras de teatro en colaboración co AGADIC serán no Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas. A primeira delas terá lugar o xoves 26 de marzo coa obra O principio de Arquímedes, interpretada pola Compañía Teatro do Atlántico e protagonizada por María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán e Marcos Vieitez, e que versa sobre unha acusación de pederastia.

A segunda das obras é Té con Kant de Inversa Teatro e protagonizada por Marta Pérez e María Roja, será o sábado 28 de marzo. Trátase dun proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía.

Talía Teatro representará a obra Demolición o 22 de abril e que está protagonizada por Toño Casais e Artur Trillo que desenvolverán unha “comidrama” iniciada por un conflito.

A última das obras é o 30 de abril titulada Divenire da compañía Circle of Trust &Logela especializada en danza breakdance que mesturan baile e música.

As entradas terán un prezo único de 5 euros e poderan mercarse na web entradaslugo.es , no Centro de Interpretación da Muralla e no Auditorio Gustavo Freire os venres de 18 a 21 horas e unha hora antes da función.

Programación Cultural

No Auditorio Gustavo Freire as actividades son as seguintes:

Ver PDF

Nos próximos meses o Museo Interactivo da Historia de Lugo tamén acollerá diversas actividades dende as Catas Literarias, o Ciclo de Música Contemporánea de Lugo, ou o festival de cine arqueolóxico e a Biblioteca Municipal seguirá coas actividades de promoción e animación á lectura.

O programa cultural tamén recolle as actividades nas que o Concello colabora e que se realzian en diferentes espazos da cidade como é o festival Lubican ou a Semana de Música do Corpus. Tamén se realizarán actividades na Praza Maior e na Deputación de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova