Imprimir

O CONCELLO HOMENAXEA ÓS PAIS CUN CONCERTO NO CEMITERIO DE SAN FROILÁN NO QUE TAMÉN PARTICIPARON ESCOLARES DO CEIP MENÉNDEZ Y PELAYO


19/3/2015

O Alcalde, José López Orozco, o Concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Núñez, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, xunto con varios membros da Corporación municipal participaron hoxe nun acto de homenaxe ós pais que se celebrou no Cemiterio de San Froilán.

Este acto, que se inscribe na programación cultural que organiza a Concellería de Servizos Xerais no Cemiterio, consistiu nun concerto ofrecido pola Banda municipal ó que asistiron como convidados especiais alumnos do CEIP Menéndez y Pelayo.

Con este motivo, os nenos e nenas leron mensaxes de recoñecemento ós pais e tamén se encargaron de facer unha ofrenda floral.

A Concellería de Servizos Xerais ten entre os seus obxectivos o de consolidar o recinto de cemiterio como un centro municipal máis das actividades socioculturais organizadas polo Concello.