Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A terceira edición do programa Terras de Auga e Cultura engade novas rutas turísticas para coñecer a zona rural e os concellos limítrofes


# Xoves, 19/03/2015
En total, serán 40 excursións gratuitas que comezan o xoves 2 de abril coa ruta Santalla de Bóveda. Camiño Primitivo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá a segunda edición do programa de Terras de Auga e Cultura que comeza coas actividades o domingo 5 de abril.

Ante o éxito acadado por este programa de promoción turística na última edición, en colaboración cos concellos de zonas limítrofes como son Rábade e Corgo, apostouse por seguir ampliando actividades.

Carmen Basadre explicou que este ano engádense novas rutas chegando a 40 que se desenvolveran todos os domingos dende o 2 de abril e ata decembro e que o número de prazas é de 35 persoas que poden ampliarse segundo as necesidades. Neste sentido, tamén explicou que haberá rutas novidosas como a dos Franceses en Lugo. A batalla de Conturiz, ruta da Música e da danza, a ruta de Pedras de lenda: deuses, covas e mouros.

Así, para aproveitar ao máximo os recursos turísticos que ofrece a zona rural do Concello de Lugo, este ano introduciranse excursións temáticas que aborden outros ámbitos de interese que caracterizan a fisonomía destes paraxes como son a xeoloxía, a bioloxía, a antropoloxía e etnografía, o patrimonio histórico-artístico e, nesta nova edición, engádese o apartado de arqueitectura como identidade territorial.

Estas rutas turísticas de carácter gratuito desenvolveranse de 10.30 a 19.00 horas ata outubro e de 10.30 ata as 18.00 horas de outubro a decembro e teñen como punto de saída e de volta o tramo peonil da Ronda da Muralla. Da mesma maneira, que nas edicións anteriores, os interesados poderán inscribirse na Oficina Municipal de Turismo ou no 982 25.16.58, con prazo límite para inscribirse fixado ás 14:00 horas do día anterior á celebración da excursión. 

Outra das novidades é que se seguen incorporando novos itinerarios e parroquias do dos concellos próximos como Outeiro de Rei ou Castroverde ou lugares de interese turístico como Avifauna ou Pena de Rodas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova