Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde apela ó orgullo pola historia de Lugo para reivindicar un futuro mellor para os lucenses


# Martes, 24/03/2015
López Orozco dí que os lucenses temos que sentir “orgullo polo noso pasado sen renunciar a ter aspiracións de futuro” e reivindica para Lugo infraestruturas como a Estación Intermodal

Imaxe Asociada
O Alcalde e o profesor da Escola de Arquitectura da UdC Felipe Peña presentaron un libro froito do Programa Iacobus


O Alcalde, José López Orozco, xunto co Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e o profesor Escola Superior de Arquitectura de A Coruña Felipe Peña, que estivo acompañado polo profesor José Luis Martínez Raído, presentaron hoxe o libro "Recinto, Lugo: historia y ciudad".

Esta publicación é o resultado dos traballos realizados polos alumnos e profesores que participaron no Programa Europeo Iacobus, que contou co apoio institucional do Concello de Lugo.

O Alcalde destacou que un libro como éste, que recolle as propostas dos participantes no Programa Iacobus, supón unha reflexión tanto sobre a historia como sobre o futuro da cidade.

“Lugo é unha cidade con 2.000 anos de historia pero tamén con aspiracións de futuro”, manifestou López Orozco. O Alcalde destacou que os lucenses estamos moi orgullosos da historia da nosa cidade pero non por elo deixamos de loitar por un mellor futuro para Lugo. Neste sentido, aproveitou para reivindicar proxectos de futuro para Lugo, como a construción da Estación Intermodal.

López Orozco falou da importancia da Estación Intermodal para seguir mellorando Lugo xa que nun artigo de Emma López Bahut, refírese ó proxecto gañador do concurso para a construcción desta infraestrura e sinala que a proposta de Junquera Arquitectos “plantea aproveitar a necesidade da estación como unha oportunidade para romper a barreira que existe para o barrio do Sagrado Corazón na súa conexión co centro pola liña de ferrocarril e pola diferencia de cota. Ademáis de ser unha estación que conecta diferentes medios de transporte, articúlase como unha ponte, unha nova vía peonil que conecta a zona norte co centro de Lugo. Como na Muralla, xenérase un espazo urbán superposto a outro, neste caso destinado ó transporte”.

Felipe Peña, do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, da Universidade da Coruña agradeceu o apoio do Concello ó grupo de investigadores que fixeron este traballo e expresou o seu desexo de que “sexa útil para a cidade”. Neste sentido amosou a súa confianza en que “aínda que os resultados non sexan útiles de xeito inmediato sí sirban para que os cidadáns teñan unha imaxe máis clara da cidade e que poidan ser inspiración para os arquitectos e técnicos da cidade”. Dende o punto de vista da investigación salientou que “os obxectivo xa se cumpriron”.

No programa Iacobus participaron alumnos e profesores das escolas superiores de Arquitectura da Coruña, Clermont Ferrand (Francia) e Regensburg (Alemaña) en asociación coa escola armenia de Ervan.

O traballo que desenvolveron no último curso, reflectido agora no libro “Recinto, Lugo: historia y ciudad”, consistiu na realización dun obradoiro de proxectos no ámbito da Tinería e, concretamente, os alumnos plantexaron distintas intervencións para o Pazo de dona Urraca.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova