Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
29/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

A Comisión técnica aproba o sistema de xestión directa do ciclo integral da auga


# Martes, 24/03/2015
A proposta foi apoiada polo PSOE e o BNG, mentres que o PP tentou alterar hoxe un acordo democrático aprobado en decembro 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Álvarez compara a Castiñeira con Nostradamus polas súas reiteradas prediccións catastrofistas

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu conta da aprobación do modelo de xestión directa do ciclo integral da auga pola Comisión técnica que celebrou hoxe unha xuntanza na Casa do Concello.

O acordo, que respalda a proposta feita polo Goberno local, tomouse cos votos do PSOE e do BNG tal e como explicou Luis Álvarez.

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente tamén informou de que o Partido Popular intentou hoxe alterar un acordo que xa fora adoptado pola Comisión na anterior xuntanza, celebrada en decembre pasado, algo que revela o interese de Castiñeira pola privatización do servizo.

Luis Álvarez tamén comparou a Jaime Castiñeira con Nostradamus polas súas catastrofistas predicións que o levan, nos últimos anos, a facer reiterados anuncios de espectaculares aumentos no importe do recibo da auga, falsas profecías e agoiros que ano tras ano desmonta a realidade.

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente explicou que esta mañá tivo lugar a anunciada xuntanza da Comisión técnica constituída para modificar o sistema de xestión do ciclo integral da auga que fora aprobado inicialmente xa que os cambios rexistrados na lexislación estatal impediron levar a cabo a constitución da Empresa de economía Mixta con maioría de capital municipal.

A Comisión acordou hoxe que o novo sistema para o ciclo integral da auga no Concello de Lugo será o de xestión directa, igual que na actualidade. Unha vez adoptada esta decisión, que deberá refrendar o Pleno da Corporación, nun momento posterior, decidirase se unha parte ou toda se xestiona mediante contrato de servizo ou ben se fai con persoal municipal propio. Neste sentido, o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente considera que levalo a cabo con persoal municipal propio “será moi difícil, senón imposible, pola normativa estatal que impide ás administracións as contratacións de persoal, agás para servizos de emerxencia”, aínda que, matizou, será a nova Corporación que saia elexida nas eleccións de maio quen tomará finalmente esa decisión.

Álvarez explicou que o modelo de xestión directo era a proposta que levaba o Goberno e tivo os votos a favor dos representantes do PSOE e do BNG, mentres que “nos chamou poderosamente a atención a postura do Partido Popular, dende o punto de vista do procedemento, porque na anterior xuntanza de decembro de 2014 quedou claro que se acordara a presentación dos estudos pertinentes para a aprobación da xestión directa e, sen embargo, o señor Castiñeira prantexou que debían existir estudos economócos sobre o custe da concesión, que é un sistema de xestión indirecta”.

Luis Álvarez remarcou que esta pretensión de Castiñeira “revela unha estratexia clara do PP que pretenden ocultar, que é entregar os servizos públicos a empresas privadas”, porque xa había un acordo tomado para estudar a xestión directa e, na xuntanza de hoxe “fíxoselle saber que había un acordo tomado democráticamente e por maioría que hoxe él cuestionaba”.
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva