Imprimir

OS ATRACTIVOS DA SEMANA SANTA DE LUGO PRESÉNTANSE EN MADRID


25/3/2015 Carmen Basadre anunciou a intención de solicitar a declaración de Festa de Interese Turistico Galego

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción Turística, Carmen Basadre, anunciou esta mañá  nun acto na Casa de Galicia en Madrid a intención de solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Semana Santa de Lugo.

Neste acto de presentación da Semana Santa de Lugo en Madrid tamén participaron o Delegado da Xunta en Madrid, Jose Ramón Ónega, delegado de Patrimonio Histórico-Artístico da diocese de Lugo, César Carnero, e o Coordinador da Xunta de Cofradías de Lugo, Ramón Basanta, que informaron das diversas actividades que se realizarán ao longo destes días.

Carmen Basadre destacou que “esta celebración relixiosa ten moita tradición na cidade e son moitas as persoas que cada ano se achegan a Lugo para seguir as procesións”, xa que conta coa participación dunhas 3.000 persoas na organización.

A Concelleira de Cultura, aproveitou esta presentación para invitar a todos os cidadáns a achegarse e coñecer Lugo nestas datas, xa que ademais dos eventos relixiosos, poderase desfrutar dos numerosos atractivos que ofrece Lugo, entre os que mencionou o patrimonio monumental, os numerosos restos arqueolóxicos, o entorno natural do Río Miño e, por suposto, a rica oferta gastronómica.

Ademais o Concello de Lugo ofrece unha variada programación de ocio entre o 28 de marzo e o 5 de abril que inlúe numerosas actividades e visitas turístivas guiadas gratuitas para coñecer a cidade.

Para José Ramón Ónega, "como lucense que son, sempre é para min un motivo de orgullo acoller un acto como este. Todo o que sexa promover a nosa terra será sempre benvido nesta Casa".

Por outra parte, César Carnero, delegado de Patrimonio Histórico-Artístico da diocese de Lugo, a Semana Santa de Lugo está intimamente ligada ao privilexio da Exposición permanente do Santo Sacramento no Altar Maior da catedral, "a tradición eucarística de Lugo, plásmase en que, dende o ano 1963, a procesión do Xoves Santo é a única en España en que a Sagrada Forma sae a procesionar polas rúas da cidade e no acto excepcional que se desenvolve na mañá de Pascua consistente no encontro entre Cristo Resucitado e a súa Nai".

Neste sentido, Ramón Basanta, deu conta do programa da Semana Santa lucense que comeza coa procesión da Virxe da Esperanza o luns dia 30 e que percorrerá as rúas da cidade acompañada pola Armada. A  Brilat acompañará  o martes 31 á cofradía do Bo Xesús e a Garda Civil fará o mesmo nas procesións do Cristo do Perdón e da Virxe da Piedade e Vía Crucis o mércores 1 de abril. O Xoves Santo, día 2, celebrarase a procesión da Última Cea e o Venres Santo, día 3, a do Santo Enterro. Por último, o domingo, día 5, celebrarase a da Virxe do Rosario.