Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde entregou os diplomas aos asistentes ao curso de manipulador de alimentos do programa +XTI


# Mércores, 25/03/2015
Ante a gran demanda realizáronse dous cursos para dar cabida á metade dos solicitantes

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo entrega esta mañá dos diplomas de asistencia aos participantes no curso de Manipulador de Alimentos organizado pola área de Xuventude e enmarcada dentro das actividades do programa +XTI Formación.

Nun principio o curso era de 25 prazas pero ante a gran demanda de solicitantes, máis de 100 persoas inscritas, ampliouse o curso a dúas quendas diferentes que permitiu a formación dun total de 50 mozos e mozas de entre 18 e 35 anos.

López Orozco felicitou aos asistentes a este curso e animounos a seguir formándose para ter máis opcións de cara o mercado laboral e invitounos a achegarse polas instalacións do Espazo>Lab e o Cei-Nodus para informarse en materia de formación, emprego, e incluso autoemprego.

Neste sentido, a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, segue traballando dentro do programa de ocio e formación alternativa +XTI para ofrecer alternativas para os mozos e mozas lucenses. Ademais, actualmente, estanse desenvolvendo os cursos de seguridade en manexo de carretillas elevadoras, monitor de tempo libre e de carnicería.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova