Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle a preestrea da miniserie ¿Hotel Almirante¿ que contou coa colaboración do Concello


# Mércores, 25/03/2015
O Círculo acollerá a proxección nunha gala con entrada libre que contará coa presenza da escritora Marta Rivera de la Cruz e boa parte do equipo artístico e técnico

Lugo vestirase, este mércores 25 de marzo, con galas hollywoodenses para a preestrea da miniserie Hotel Almirante, coa que colaboraron o Concello e a Deputación provincial. O acto, con entrada libre, comezará ás 19:30 horas no Círculo das Artes, edificio no que está ambientado o establecemento hoteleiro que dá nome ao telefilme, baseado na obra homónima de Marta Rivera de la Cruz.

O Alcalde, José López Orozco, asistirá ó acto, no que está anunciada a presenza da autora da novela, así como da práctica totalidade do cadro artístico, entre eles, a protagonista Ana Turpin e os actores lucenses, Mariana Expósito e Antonio Mourelos, así como o cadro técnico co director da película, Antonio Cuadri, á cabeza.

A gala está organizada por alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC que actuou como Film Commission na rodaxe da miniserie.

A película, cun orzamento de 750.000 euros, ten unha duración de 180 minutos, que en televisión dividirase en dous capítulos de 90 minutos cada un. Rodouse durante cinco semanas en varias localizacións de Lugo e A Coruña.

Na nosa cidade traballou, durante 15 días, un equipo de 150 persoas, 40 delas profesionais, e o resto figurantes de Lugo. Ten como escenarios destacados o Círculo das Artes, transformado en hotel, así como as rúas do Casco histórico e varias dependencias da Escola de Imaxe e Son.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova