Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
28/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O Concello de Lugo súmase á loita contra o cambio climático co apagado das luces da Muralla


# Jueves, 26/03/2015
Un ano máis o Concello participa na campaña A Hora do Planeta organizada pola WWF que terá lugar o sábado 28 de marzo entre as 20:30 e as 21:30


O Concello de Lugo súmase á campaña A Hora do Planeta de WWF que se celebrará o vindeiro sábado, día 28 de marzo, entre as 20.30 e as 21.30 horas. Nese momento, o Concello apagará o alumeado da Muralla romana para concienciar ós lucenses do grave problema que supón o cambio climático e na defensa do medio ambiente.

A Hora do Planeta é a maior chamada á acción na que se pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar a 7.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático co apagado das luces dos seus principais edificios e monumentos.

En España xa son máis de160 as cidades adheridas á campaña e WWF quere chegar a superar a cifra de 260 concellos neste apagón simbólico dos principais monumentos ou edificios públicos. Lugo e o noso monumento máis emblemático non podían quedar a marxe desta iniciativa que se celebrará en todo o mundo. O Concello de Lugo súmase a esta iniciativa como unha mostra máis do seu compromiso coa loita contra o cambio climático e pola defensa do medio ambiente.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva