Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asistiu ao concerto didáctico da Banda Municipal de Música no CEIP Albeiros


# Xoves, 26/03/2015
Un ano máis a Banda Municipal crea unha historia musical dirixida a que nenos e nenas dos colexios de Lugo aprendan e desfruten coa música

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promocion da Lingua, Carmen Basadre, asistiron ao concerto didáctico que levou a cabo a Banda Municipal de Música no CEIP Albeiros e ao que asistiron todos os alumnos de 3 a 12 anos.

López Orozco destacou a importancia que ten que, por unha banda, dar a coñecer a Banda e Escola de Música Municipal, e por outra facer que os nenos e nenas pasen un anaco divertido coñecendo a música.

Nesta nova edición a Banda e Escola Municipal de Música propoñen un viaxe musical ao longo do tempo. Así, dun xeito lúdico e divertido, os rapaces escoitarán música gregoriana, a Cantiga Santa Maria, Estrela do Dia do Rei Afonso X, un Te deum de Antoine Charpentier, Minuetto da Pequena Serenata Nocturna de Mozart, Fragmento primeiro movemento da 5º Sinfonia de Beethoven, Coro de niñeras da zarzuela Agua, azucarillos y aguardiente, Alborada de Pascual Veiga, Danza do Sabre de Katchaturia e Música de cine de John Williams.

Os concertos didácticos das próximas datas son nos colexios A Milagrosa, Anexa, Illa Verde, Maristas, A Ponte, no CEE Santa María, no San José, Casás, Luis Pimentel, Quiroga Ballesteros, Menedez Pelayo, Fingoi nº2, Rosalia de Castro, Manuel Mallo Mallo, e nas Mercedes.

Visto o éxito acadado nas dúas edicións anteriores, resérvanse os días 10 e 11 de xuño para primaria e os días 19, 20 e 21 de xuño para Secundaria no Auditorio Municipal Gustavo Freire, para concertos dirixidos a colexios que o solicitaron da provincia de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova