Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo conta cun novo espazo despois das obras de mellora e ampliación no Calexón do Hospital e no Carril do Son


# Xoves, 26/03/2015
As obras, financiadas con cargo ao Plan Urban, tiveron un orzamento de preto de 300.000 euros e deixan ao descuberto unha fachada descoñecida do convento das Agustinas Recoletas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Economía, Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Manuel Núñez, visitou hoxe as obras de rehabilitación do espazo do Calexón do Hospital e o Carril do Son.

Este novo proxecto do Plan Urban supón a recuperación e adecentamento dun novo espazo público no Casco histórico de Lugo, logo da demolición de garaxes e dunha construción que estaba adosada ó convento das RRMM Agustinas Recoletas. Esta actuación tamén permitiu comunicar dous calexóns, que terminaban en fondo de saco, por dous laterais dun edificio BIC como é o convento das Agustinas Recoletas, edificio que se empezou construir no século XIV e con elementos de ata o século XVII, xunto a unha das prazas máis representativas do Casco histórico como é a de Santo Domingo.

López Orozco invitou a todos os cidadáns a achegarse por este novo espazo con encanto da cidade unha vez rematadas as obras. Ademais tamén manifestou “que agora temos un espazo perfecto para acoller actividades culturais de cara o verán”.

Estas obras lévanse a cabo con fondos do Plan Urban, financiadas nun 80% con cargo aos Fondos FEDER da Unión Europea e un 20% ao Concello e Deputación de Lugo, e contan cun presuposto de 297.467 euros e un prazo de execución de oito meses. A empresa que está a executar os traballos é Xestión Ambiental de Contratas SL.

A demolición desas construcións permitiu abrir un espazo público para o disfrute dos veciños e veciñas, ademais de deixar á vista un fermosa lateral do convento que ata agora permanecía oculto. O proxecto incluiu a recuperación das fachadas do convento afectadas polas demolicións e tamén supón a instalación de iluminación monumental das dúas fachadas do convento recuperadas a través de proxectores encastrados no pavimento.

Coa recuperación e adecemento desta nova zona de lecer, algúns dos negocios establecidos en San Marcos tamén se poderán beneficiar da posibilidade de abrir as súas fachadas traseiras.

A intervención tamén inclúe a urbanización dunha superficie de algo máis de de 1.000 metros cadrados de ambos calexóns, que serán de uso peonil. Os calexóns, que terminaban en fondo de saco, quedan agora unidos o que permitirá acceder dende a praza de Santo Domingo a Quiroga Ballesteros por detrás do convento.

Para levar a cabo esta actuación, foi necesario expropiar as construcións existentes na zona e, tal e como se recolle no PEPRI, todos os espazos expropiados foron destinados a vial. A inversión do Concello nesta materia foi de algo máis de 140.000 euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova