Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

As rúas Santo Domingo da Calzada, Camelia, Padre Sarmiento e Aviación Española contan con novo alumeado


# Venres, 27/03/2015


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, supervisou a posta en servizo do novo alumeado público nas rúas de Santo Domingo da Calzada, Camelia, unha parte da rúa Padre Sarmiento e parte de Aviación Española.

Esta obra na que se sustitúen as luminarias vellas permitirá mellorar a iluminación da zona ó tempo que se aforra enerxía eléctrica, xa que no novo alumeado público foron instalaradas lámpadas de baixo consumo.

Este proxecto realizado con cargo ao importe ofertado como melloras de obra pola empresa concesionaria do mantemento do alumado público urbano conta con un novo cadro de medida e protección, 24 unidades de punto de luz e tecnoloxía LED de 48 W e 20 unidades de columna de aceiro galvanizado pintado de 8 e 9 metros. Ademais tamén realizaron a canalización, arquetas e cimentacións da obra. A potencia total instalada é de 1.152 vatios.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova