Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello apoia a iniciativa da ONGD Taller de Solidaridad que dá a coñecer en Lugo os soños das mulleres do Sur


# Venres, 27/03/2015
A campaña “Asómate ó Sur e Soña con elas” estará mañá no Mercado municipal de Lugo

Esta actividade de Taller de Solidaridad  axudaranos a saber con qué soñan miles de mulleres nos países máis pobres


 
O Concello de Lugo apoia a iniciativa da ONGD Taller de Solidaridad que abrirá mañá en Lugo unha fiestra pola que poderemos asomarnos ós soños de miles de mulleres dos países máis pobres do mundo.

Taller de Solidaridad desenvolverá mañá, a partir das 10 e durante todo o día, no Mercado municipal unha actividade na que os veciños e veciñas de Lugo teremos a oportunidade de coñecer e compartir os soños de miles de mulleres, símbolo do rostro da pobreza e a desigualdade nos países do Sur.

O acto contará coa presenza da Concelleira de Desenvolvemento Local, Rosana Rielo, que tomará parte nesta iniciativa que leva por lema “Asómate ó Sur e Soña con elas”.

A iniciativa, que trae mañá a Lugo a devandita ONGD, daranos a coñecer os soños de moitas mulleres de países do Sul que teñen aspiacións como ir á escola. Trátase dunha actividade de sensibilización, que pretende familiarizarnos coa situación de vulnerabilidade que viven as mulleres naqueles países nos que a pobreza agrava a súa situación de desigualdade e inxustiza. Ademais, ten o obxectivo de facernos ver como mellorar a situación das mulleres contribúe ó desenvolvemento deses países.

Esta actividade forma parte dunha campaña que desenvolverá Taller de Solidaridad durante todo o ano en máis de quince cidades españolas. Nos tres últimos meses, xa se celebrou en Ourense, Palencia, Zamora, Mérida, Barcelona e Alacante.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova