Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Manifesto do Concello de Lugo polo Día Internacional contra a violencia de xénero


# Mércores, 26/11/2008


Como cada 25 de novembro queremos honrar ás mulleres vítimas da violencia de xénero, que este ano saldouse xa a vida de 57 mulleres, unha cifra que non pode quedar no olvido e que debemos tratar de disminuir dende todos os frentes.

A violencia de xénero é a máxima manifestación de desigualdade entre mulleres e homes que perdura na sociedade actual vulnerando dereitos fundamentais como a vida, a integridade física e psíquica, a dignidade e a liberdade que forman parte do conxunto de dereitos que teñen as mulleres polo feito de ser persoas e cidadás. A violencia de xénero é un asunto de interese público que traspasa a esfera privada e que ten a súa base nas relacións desiguais entre homes e mulleres. A violencia machista ten como causa fundamental o reparto non equitativo de roles entre homes e mulleres baseados nunha discriminación estructural arraigada na sociedade  e coa que temos que acabar.

Desde os poderes públicos afróntase este fenómeno dunha maneira integral dando prioridade á protección das vítimas, pero tamén tendo en conta que as medidas non só poden ser paliativas, senón preventivas desde a búsqueda das causas dos desxustes que producen a violencia de xénero, coa finalidade de adoptar as medidas axeitadas.

O Concello de Lugo constitúese como un claro actor sensibilizado e que leva a cabo diversos tipos de accións. Así, na Casa da Muller contamos cun equipo multidisciplinar que, ademais da atención ás vitimas de violencia de xénero e a posta en marcha de todo os recursos existentes no territorio, tamén establece a prevención como unha ferramenta importante para cambiar eses roles que ainda persisten a través dos obradoiros no eido educativo sobre a igualdade, a non violencia e a resolución pacífica de conflitos, actividades que se realizan tamén nas ociotecas.

Comprometémonos coas campañas de sensibilización coas que queremos que a sociedade sexa capáz de visualizar a realidade da violencia machista

As mulleres vítimas de violencia de xénero continuarán a ter prioridade no acceso as axudas de aluguer do Concello, así como no acceso á formación, escuelas taller ou obradoiros de emprego e nos acollemos á contratación que a Consellería de Traballo leva a cabo para as mulleres vítimas de violencia de xénero.

Démonos conta de que a nosa sociedade é cada vez máis multicultural polo que publicamos unha pequena  guía de recursos en varios idiomas coa fin de facilitar ás mulleres inmigrantes a posibilidade de achegarse á Casa da Muller do Concello.

Ademais, nos preocupan tamén as drogodependentes, as mulleres con discapacidade, as mulleres rurais,  as de etnia xitana... polo que nos marcamos o reto é levar a cabo programas específicos. Por iso contamos co II Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Lugo, o que vai a permitir desenvolver transversalmente, en todas as áreas do Concello, que se teña en conta a perspectiva de xénero á hora de facer políticas públicas para mulleres e homes .

Poñémonos como obxectivo a formación en xénero para todas as persoas que estan implicadas en temas de igualdade e de violencia de xénero.

Queremos colaborar cos medios de comunicación para que as noticias sobre violencia de xénero sexan  rigurosas e tratadas co respeto que merecen.
 
Creemos que é necesaria unha maior implicación da pòlicia local xunto co resto de forzas e corpos de seguridade do Estado para prestar unha maior protección ás mulleres na nosa cidade.

Outro dos retos é facer visible desde o Concello o rechazo a violencia machista , lograr a implicación de toda a cidadanía se implique neste rechazo xa que a morte dunha muller nos importa e nos incumbe a todos como cidadáns. Por iso levaremos ao Pleno a proposta de manifestarnos en silencio diante da Casa do Concello antes de cada sesión plenaria e uniremos a nosa proposta coa da asociacion Enriqueta Otero. O obxectivo é facer que a cidadanía rexeite este tipo de violencia e que ninguén cale ou silencie o maltrato que esta a vivir a súa amiga, nai, veciña, filla ou aboa.
  
Nas nosas mans está, pero temos que mudar a mentalidade a través de remover os obstáculos que nos impiden ver que mulleres e homes somos iguais en dereitos e deberes, que somos necesarios e necesarias e que ambos, mulleres e homes, somos o conxunto da cidadanía.

Cando se producen manifestacións colectivas de repulsa, cada vez que unha muller perde a vida a causa da violencia de xénero, resulta todavía extraño o ver un número significativo de homes. Temos que conseguir e queremos , desexamos e é unha obriga lograr que pouco a pouco un maior número de homes rechacen abertamente este tipo de violencia, superando o temor a que outros homes os critiquen por facelo, e disminuir así o número de cómplices masculinos.

Para que as denuncias interpostas polas mulleres vitimas de violencia de xénero prosperen, é preciso o apoio social, o apoio do seu contorno, da administración , o apoio cidadán que fai que se rompa a dependencia que ás veces impide ás mulleres poñer fin a unha situación absolutamente indeseable.

Cun acto como este, queremos insistir unha vez máis na condena contundente da violencia hacia as mulleres e no noso firme compromiso de seguir traballando para a súa erradicación.

Non permitamos o machismo, non te cales ante a violencia de xénero, non te agoches EL É O CULPABLE




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova