Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa na inauguración do Congreso Internacional de Literatura Hispánica e Prensa Periódica (1875-1931)


# Mércores, 26/11/2008
López Orozco recibiu aos participantes na Casa do Concello

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez; e o profesor da USC, Javier Serrano inauguraron hoxe o Congreso Internacional de Literatura hispánica e prensa periódica (1875-1931), que terá lugar na Facultade de Humanidades do campus de Lugo ata o 28 de novembro.

O propósito deste Congreso é o de actualizar as principais liñas de estudo neste campo, coordinar aos grupos de investigación que moi destacadamente están a traballar neses ámbitos, intercambiar proxectos futuros de estudo, co fin de posibilitar a súa cooperación e dar a coñecer actividades e investigacións en curso desde o ámbito universitario, así como posibilitar o diálogo sobre os novos retos que os estudosos da literatura na prensa deben afrontar, fundamentalmente as posibilidades que as novas tecnoloxías abren para dita investigación.

O Congreso constara de oito conferencias plenarias impartidas por prestixiosos especialistas no tema. O resto das sesións estarán adicadas ao debate das máis de cincuenta comunicacións presentadas polos congresistas participantes en sesións simultáneas, que terán os seguintes eixos:

  1. a imaxe do escritor na prensa (entrevistas, autorretratos, descricións, iconografía, etc.)
  2. a prensa como taller literario (estudos de ecdótica)
  3. a prensa e o canon literario (recepción, polémicas, a prensa como foro de debate literario, etc)
  4. Literatura e prensa galega

Realizarase ademáis unha mesa redonda na que se tratará a utilización da prensa periódica como fonte primordial de traballo nos proxectos de investigación actuais sobre a literatura do periódico.

Este Congreso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e patrocinado pola Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC), o Ministerio de Cultura, a Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo e a Secretaría Xeral de Comunicación.

Xa ao mediodía o Alcalde de Lugo, recibiu na Casa do Concello aos aprticipantes neste congreso.
López Orozco afirmou a gran importancia que ten a universidade para a cidade de Lugo, non só económicamente, senón social e culturalmente, sobretodo coa organización de congresos coma este que plantexan temas tan interesantes. Ademáis o Alcalde engadiu que hai que creer nas humanidades que tantas cousas nos aportan.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova