Imprimir

O OCIO DIXITAL MÁIS ACTUAL ESTARÁ PRESENTE NA LUDUSPARTY.NET 2008 ORGANIZADA POLO CONCELLO DE LUGO


27/11/2008 A cita terá lugar do 5 ao 8 de decembro no Pazo de Feiras e Congresos

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, presentaron hoxe as últimas novidades relacionadas coa terceira edición da LudusParty.net que terá lugar a partir do 5 de decembro no Pazo de Feiras e Congresos, e que poderá contará cunha participación de 650 internautas, 400 persoas xa inscritas.

A Concelleira indicou que “queremos que sexa para todas as idades e plantarlle cara ás estadísticas que sitúan a Galicia nos últimos postos da utilización das novas tecnoloxías con este encontro que se está a converter nun referente no noroeste do país”.

Pola súa banda, a Vicepresidenta da Deputación indicou que “a terceira edición da LudusParty é unha mostra do esforzo que se está a facer en lugo para a implementación das novas tecnoloxías” e engadiu que con ela “Lugo ábrese ao mundo como unha alternativa aos que todavía non planificaron a súa ponte da Constitución”.

 A Concelleira explicou que este ano fomentarase a participación cerativa dos asistentes. “Ademáis de incorporar unha gran representación do ocio dixital máis actual, realizaranse actividades directamente relacionadas coa parte creativa de los asistentes”.

Outro dos obxectivos do Concello nesta nova edición da Ludus Party é a de apostar polas novas xeneracións dixitais: “Somos conscientes de que en Lugo hai bos centros de formación de deseño e  desenvolvemento de software edecidimos incentivar, por medio de concursos, as aficións de todos os que se decidan a participar nos concursos de fotografía, vídeo, composición gráfica 2D, composición gráfica 3D, composición musical, composición libre, etc.”

Ademais nesta Ludus Party 2008 presentarase o xogo a expansión del World of Warcraft.  A empresa creadora do xogo colabora na Ludus patrocinando as noites Blizzard e aportando camisetas, posters, calendarios e packs de cartas para regalar aos gañadores do concurso.

Todo esto sen descoidar as presentacións máis actuais de produtos, así as últimas novidades do mercado para estas navidades estarán presentes tanto para os participantes como para os visitantes que poderán disfrutar de un stand de Guitar Hero World Tour por cortesía de Activision e Sony Playstation onde poderán emular aos seus músicos favoritos coa guitarra, a batería o co micro. No stand de Nintendo os asistentes poderán disfrutar das últimas incorporaciones ao catálogo da popular Nintendo Wii como Wii fit (para facer deporte) o Wii music (dirixindo a súa propia orquestra).

Empresas da talla de Ubisoft, Microsoft, Proein, Fx Interactive, Blizzard y Activision cederon material e agasallos para que nesta edición da Ludus Party non falte de nada.

En canto a conferencias hai que destacar a visita o luns día 8 pola mañá de Pablo Gradío, director de Vandal.net que falará das últimas tendencias no mercado do ocio electrónico español.

Ademáis haberá un debate sobre os blogs coa participación dos creadores dos seguintes espazos: - www.ionlitio.com (bloggero de Lugo afincado en Madrid) e www.vidaextra.com (un dos blogs de ocio electrónico máis importantes de España).

O resto do programa consiste nos habituais concursos de videoxogos, actividades de ocio como carreiras de sacos, lanzamiento de cd, concursos de preguntas e respostas frikis, etc...


COLABORACIONES DE ENTIDADES PRIVADAS: 

- PEXEGO
- ALTIA
- SUN MICROSYSTEM
- EMETEL
- R
- NEA
- CANON
- PANDA:
- DISPAL:  
- SISTEMAS DE PAPEL 
- SPICA  
- LA LEY 
- TAO 
- Ubisoft
- Fx Interactive
- Activisión
- Nintendo
- Blizzard
- Codemasters, Microsoft, R, Atari y Proein

Os interesados en participar todavía poderán inscribirse a través de www.ludusparty.net

O Concello de Lugo ampliará a liña 6E dos autobuses municipais que sae dende a parada da Ronda da Muralla situada diante de Sindicatos e que chega ata o centro comercial Carrefour, pero que durante a celebración da Ludus chegará ata o Recinto Feiral.