Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 30 rúas da cidade contarán coa iluminación de Nadal


# Xoves, 27/11/2008
O acendido das luces terá lugar o vindeiro luns 1 de decembro

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, presentaron hoxe a iluminación que haberá durante as datas do Nadal en diferentes rúas da cidade.

Como todos os anos o Concello e a Federación asinan un convenio para a luz ornamental da cidade nestas festas, pero nesta ocasión atopámonos coa novidade de que, para contribuir ao aforro enerxético, instalaranse arcos luminosos de baixo consumo que estarán situados nunhas 28 rúas.

A Concelleira explicou  que “normalmente o Concello aportaba únicamente o gasto do consumo eléctrico, pero este ano como o consumo é mínimo(afórrase ata un 80%), a nosa contribución irá tamén para a instalación destas luces que son máis caras”.  Así, a Federación pagará o 50% do gasto, o Concello o 27% e os comerciantes das rúas ilumindadas o 23% dun total de 127.000 euros.

Como a campaña de nadal é unha das grandes campañas do ano para o comercio lucense, trataráse de impulsar co encendido do alumeado das rúas o vindeiro luns 1 de decembro.

O horario do encendido das luces será das 18:00 ás 24:00 horas entre o 1 e o 20 de decembro, e das 18:00 ás 02:00 horas entre o 21 de decembro e o 6 de xaneiro.

Ademáis, a Concelleira engadiu que, como todos os anos o Concello iluminará a Casa Consistorial e a praza Maior.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova