Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

30 expositoras participan en Lugo no Primeiro Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras


# Venres, 28/11/2008
O obxectivo desta cita é facer visible o traballo das mulleres emprendedoras no mundo rural

O Primeiro Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras que terá lugar mañá, sábado 29 de novembro, no Mercado de Abastos de Lugo a partir das 10:00 horas

Será a primeira vez que se celebra en toda Galicia e no que se congregarán 30 expositoras que farán deste día un encontro moi importate das mulleres emprendedoras rurais no pleno centro de Lugo.

A inauguración do evento, contará coa presenza do Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, a Presidenta de FADEMUR España, Teresa Fernández, e o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.

O obxectivo deste encontro é facer visible o papel das mulleres no eido do rural, e continuar traballando pola igualdade e o seu progreso que teñen unha actividade singular e que contribúe a crear un tecido económico no eido do rural de todas as zonas de Galicia.

Poderase disfrutar da presentación, información, exposición, degustación e venda de productos de toda Galicia elaborados, pilotados e dirixidos por mulleres nas áreas de turismo rural, alimentación, artesanía, aproveitamento de escolas rurais, innovación e novas tecnoloxías. As expositoras que presentarán ao público as súas produccións ao longo de toda a xornada que fará visible o traballo das mulleres no medio rural e a importancia do seu aporte como motor económico e tecido fundamental do medio rural.

A organización do evento agarda que sexa o primeiro de moitos outros encontros de mulleres emprendedoras do rural que se poidan celebrar no futuro.

Este encontro contará ademáis cun servizo de atención a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra en horario de 11:00 a 18:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova