Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo concienciará á poboación sobre á necesidade de previr as enfermidades de transmisión sexual


# Domingo, 30/11/2008
A campaña terá lugar co motivo do Día Mundial da loita contra a Sida

Mañá, luns 1 de decembro, celébraranse os actos que o Concello de Lugo organiza para conmemorar o Día Mundial da loita contra a Sida.
 
O Concello de Lugo organiza varias actividades informativas para os lucenses que se centrarán na promoción do uso do preservativo como arma eficaz para previr o contaxio e a transmisión do VIH e doutras enfermidades de transmisión sexual.
 
O Servizo Muncipal de Prevención de Drogodependenzas que depende da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, realiza este ano unha pequena campaña encaminada  a toda á poboación coa que se pretende sensibilizar e informar sobre esta problemática á poboación lucense.

O Servizo Municipal de Prevención  atenderá e dará información con motivo deste día nas súas oficinas no Centro Social "Uxío Novoneyra" na 3ª Planta en horario de mañá. Para o que contarán coa colaboración, a través de material enviado pola Consellería de Sanidade e o Comité Cidadán Anti-sida de Lugo, e que será repartido a  todas aquelas persoas interesadas. Poderanse recoller pegatinas, folletos de diagnóstico-precoz, de información xeral, folletos de información para mozos e mozas, así como camisetas co logo deste ano, composto por uns aros olímpicos, no que destaca o aro vermello como un preservativo baixo o lema: Pon cabeza e corazón e usa o condón

Entre os obxectivos propostos con esta iniciativa figuran:

- Sensibilizar á poboación sobre os risco de ETS e SIDA e informar sobre as medidas de prevención sexual.
- Difundir as ventaxas do uso de medidas sexuais preventivas
- Dar a coñecer o Día Mundial da Sida
- Recordar os métodos de contaxio e as formas de previlo.
- Informar sobre o uso correcto e eficaz dos métodos anticonceptivos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova