Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello celebra o VIII Aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade cun concerto de Paco Ibáñez


# Venres, 28/11/2008
O cantautor actuará o domingo 30 de novembro a partir das 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire

O Concello de Lugo celebrará o vindeiro domingo, 30 de novembro, o VIII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade coa actuación na cidade de  Paco Ibáñez. O concerto terá lugar no Auditorio Gustavo Freire a partir das 20:30 horas.

O Alcalde de Lugo José López Orozco quere que todos os lucenses “celebren a conmemoración da Muralla como Patrimonio porque foi un acto que nos uniu naquel momento e agora nos ten que unir ainda máis”. Invita a todos os cidadáns a asistir ao concerto de Paco Ibáñez para recordar a felicidade vivida aquel 30 de novembro de 2008. Ademáis, o Alcalde indicou que seguirá a traballar “para lograr o recoñecemento da Muralla e de Lugo fora das nosas fronteiras”.
O cantautor valenciano dedicou prácticamente toda a súa traxectoria artística a realizar versións musicadas de poemas de autores españois e iberoamericanos, tanto clásicos como contemporáneos con verdadeiro talento. Interpretou coa súa voz grave e espírito independente e libre, obras de Brassens en castelán, Jorge Manrique, Neruda, Quevedo, Goytisolo ou León Felipe .
A obra de Ibáñez é dificil e arriscada xa que cantar un poema é arriscado para calquera artista, sen embargo, o cantautor sabe acompañar á perfección os poemas coa música convertendo os seus recitais nun espazo no que o público parece transportado ao momento no que se escribiron as poesías.
A voz do valenciano converteuse en mítica para moitas persoas a partir do seu concerto no Olympia de París no ano 1969. Francia acolleu ao artista nos seus inicios, cando a forza das letras que escollía e da súa interpretación podían ser consideradas de subversivas.  O traballo de Paco Ibáñez converteuse ao longo dos anos nunha extenxa antoloxía musicada da literatura castelá.
As entradas para asistir ao concerto están á venda na páxina web: www.caixanova.es ou na taquilla telefónica 902 504 500, así como unha hora antes do comezo do concerto.O prezo das entradas será popular, variando segundo a zona dende os 16 euros na zona A, aos 9 euros na C, con descontos para parados , estudantes e xubilados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova