Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A revista Foeminas celebra o seu terceiro aniversario


# Luns, 01/12/2008


A revista Foeminas edita o seu número o 31 celebrando o seu terceiro aniversario e conmemorando o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A revista realiza unha breve reflexión sobre este terceiro aniversario titulado "E que cumpras moitos máis…". Neste espazo, ademais, expóñense a sección habitual Contemporánearroba dedicada á frautista galega Alicia Val Basanta e unha entrevista realizada por Cristina Corral Soilán á recoñecida cociñeira Beatriz Sotelo Sequeiros, quen acaba de recibir un premio polo seu traballo.
 
Historia de Mulleres presenta a primeira parte da vida da mundialmente coñecida pintora Maruja Mallo e na Galería de Arte un artigo sobre Nancy Spero de Luz Darriba.

Mullerciclopedia achéganos a crítica do libro de poemas "Esencia de trementina" de Cristina Corral Soilán realizada por Esperanza Carballos. Este libro foi recentemente publicado e presentado e conta cun enorme valor afectivo para a revista.

Para rematar, están as seccións tradicionais como Viaxeiras, Foeminas panorámica, Mullerecetario e Noticias con novas e renovadas achegas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova