Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o programa de Diversiarte 2008


# Luns, 01/12/2008
As actividades arrincarán o mércores 3 de decembro coa lectura pública do comunicado polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e os representantes de preto de 20 asociacións de persoas con discapacidades da cidade presentaron o programa de Diversiarte  2008.

A Concelleira manifestou que “a sociedade lucense está cada vez máis implicada neste tipo de actos que fai máis visible o traballo das persoas con discapacidade logrando que as desigualdades deixen pouco a pouco de existir”.

O programa arrincará o vindeiro mércores 3 de decembro ás 12:00 horas coa lectura do comunicado con motivo do Día internacional das persoas con discapacidade diante da Casa do Concello da man do deportista Maxi Rodríguez. A continuación os diferentes colectivos realizarán unha visita ao Centro de Interpretación da Muralla do Concello de Lugo.

Entre o 11 e o 13 de decembro ao fondo da Praza Maior instalarase un Mercadillo solidario que estará aberto de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 os días 11 e 12 e de 11:00 a 14:00 o día 13.

Neste mercadillo haberá animación para todos os públicos. Os máis pequenos poderán disfrutar de divertidas sesións de contacontos. Será o venres ás 17:30 horas e o sábado ás 12:00 horas.

Ademáis, o xoves día 11 haberá unha actuación do grupo Pinchacarneiro que representará a obra El médico a palos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova