Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro Social Uxío Novoneyra acolle a exposición do libro Eu tamén son unha fonte


# Luns, 01/12/2008
A mostra estará aberta ao público do 1 ao 15 de decembro

O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá do 1 ao 15 de decembro a exposición itinerante arredor do libro Eu tamén son unha fonte de Teresa Moure e ilustrado por Leandro Lamas. Esta mostra organizada pola Federación Galega de Asociacións de apoio á lactación materna (Fadelgama) conta coa colaboración da Concellería de Muller e Benestar Social e a Concellería de Educación.

O obxectivo é que todos e todas se sensibilicen sobre a importancia do aleitamento materno. Ademáis, os nenos que visiten a exposición terán a oportunidade de ler o conto ao mesmo tempo que disfrutan coa beleza cromática das ilustracións.

Na inauguración da exposición presentáronse tamñen os diferentes proxectos de Fadelgama xa rematados:

  1. O manual de Extracción, conservación e manipulación do leite materno: Con este manual pretendese axudar a todas as mulleres en período de aleitamento que teñen que incorporarse á vida laboral e que desexan seguir amamantando ao seu bebé. Para iso é necesario aprender como se fai unha extracción do propio leite de forma sinxela e eficaz, así como a técnica de conservación e a manipulación axeitada deste para logo poder proporcionarllo ao bebé como alimento en óptimas condicións.
  1. A páxina web da Federación: www.fadelgama.org. Onde se poderá contactar con calqueira dos grupos da federación para informarse e consultar dúbidas.
  • O documental Podes darle o mellor de ti. Trátase dun video divulgativo de 20 minutos que pretende achegar ao mundo da lactancia materna coas testemuñas de nais con nenos e nenas lactantes de diferentes idades, representantes de diferentes asociacións prolactancia materna e especialistas na materia. A cinta pon de manifesto as vantaxes da lactancia materna e amosa as experiencias



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova