Imprimir

O ALCALDE DE LUGO VISITA AOS ALUMNOS DO COLEXIO MARÍA AUXILIADORA


3/12/2008

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá ao Colexio María Auxiliadora onde compartiu boa parte da mañá cos alumnos e alumnas deste centro educativo da cidade que o recibiron cantando o himno galego.

Os rapaces e rapazas de sexto de Primaria interésaronse coas súas preguntas polas labores que realiza a diario o Alcalde para o desempeño do seu cargo.

Ademais, os nenos e nenas amosaron os seus coñecementos sobre a cidade preguntado sobre as últimas obras de grande embergadura que se están a realizar ou se van a realizar. 

Os cativos tamén realizaron as súas suxestións para mellorar, dende o seu punto de vista, a cidade, como a proposta que un dos pequenos fíxolle ao Alcalde para que se creara un parque de atraccións na cidade.

O Alcalde, pola súa banda,  animou aos máis cativos a estudar e a ser uns grandes cidadáns mantendo a cidade en bo estado.