Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presentou no Centro Social Uxío Novoneyra o libro ¡A jugar!


# Mércores, 03/12/2008
O obxectivo é que os nenos e nenas aprendan bos hábitos de comportamento

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentaron no Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra o novo libro de Eduard Estivill e Yolanda Sáenz de Tejada: ¡A jugar!. Este novo libro afronta o reto de que os nenos e nenas aprendan os bos hábitos de comportamento nos ámbitos tan diversos como a alimentación, a hixiene, a lectura ou o soño.

Ás veces aos pais e nais cóstalles inculcarlles estes bos hábitos aos seus fillos e fillas. Soen perder a paciencia e lles costa escoitar, non crean ilusión e, en ocasións, olvidan como comunicar aos seus pequenos o que os queren. Posiblemente por estes motivos non logran axudarlles na adquisición dunhas pautas que lles serán de grande utilidade ao longo da súa vida.

Os autores pretenden axudar con este novo libro tanto aos pais e nais como aos fillos e fillas na tarefa conxunta de aprender bos hábitos de conducta. ¡A jugar! Proporciona unha serie de ferramentas, en forma de xogos e trucos, para educar aos pequenos dunha forma lúdica e divertida, e crezcan con autonomía e autoconfianza.

O libro está estruturado en forma de fichas, acompañadas de pequenas ilustracións, e en cada unha delas proponse un xogo. Cóntase a utilidade desa práctica, unha experiencia relacionada co xogo, as súas características, os materiais necesarios para levalo a cabo, a preparación previa, os pasos a seguir na execución, algúns consellos e variantes, e finalmente os valores que se lograrán transmitir ao neno.

Os autores

- O Doutor Eduard Estivill: Nado en Barcelona en 1948, é pediatra e neurofisiólogo e dirixe a Clínica do Son Estivill do USP Institut Universitari Dexeus de Barcelona. Na súa consulta reciben tratamento todas as persoas con alteracións do soño, como o insomnio, os ronquidos, o sonambulismo, os terrores nocturnos, o jet lag, a narcolepsia, etc. Ademais, participa activamente, xunto cos seus colaboradores Roberto Cilveti e Victoria de la Fuente, en programas de investigación e ensaios clínicos de novos medicamentos, e exerce unha gran labor de difusión sobre a patoloxía do soño. O Dr. Estivill escribiu numerosos libros de éxito, como Duérmete, niño, ¡A comer!, Método Estivill: guía rápida, Recetas para dormir bien ou Dormir bien para vivir más.

- Yolanda Sáenz de Tejada naceu en Huelva en 1968. Estudou deseño e estilismo e  desde moi nova alternou a faceta de deseñadora coa de escritora. Neste campo obtivo numerosas mencións, tanto en narrativa como en poesía. Moi interesada en temas científicos de actualidade como a alimentación, o soño e a socioloxía, colabora con empresas que aplican a ciencia para conseguir unha maior calidade de vida, así como un equilibrio na saúde física e mental das persoas. A raíz do nacemento das súas fillas investiga no campo da conducta infantil, aplicando o xogo como ferramenta para conseguir bos hábitos nos nenos e nenas para a alimentación, o soño, o desenvolvemento emocional, a integración social, os valores humanos, etc.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova