Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A VII edición da carreira popular Lugo Monumental terá lugar o domingo 21 de decembro


# Xoves, 04/12/2008
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 17 de decembro ás 20:00 horas

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Delegado Provincial da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés,  e o Director de Publicidad de El Progreso, Luis Barrio, a VII edición da carreira popular Lugo Monumental.

Esta proba terá lugar o domingo 21 de decembro e xa cumple a súa setima edición consolidándose no ranking de carreiras galegas e sendo moi ben valorada polos participantes. “Esta é unha das carreiras máis concurridas da cidade e de toda Galicia“ explicou Díaz Grandío.
 
Como é tradicional celebrarase o domingo anterior ao Nadal e arrincará a por categorías a partir das 11:00 horas, abrindo a carreira os máis pequenos. A carreira absoluta comezará ás 12:00 horas. Aproveitando o tramo peonil da Ronda da Muralla, a saída instalarase neste punto en sentido a rúa Vilalba ata percorrer os 10 quilómetros que componen a carreira para os adultos e os percorridos de 600, 1.000 e 1.500 metros para as categorías dos rapaces e rapazas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 5 ata o 17 de decembro ás 20:00 horas e pode formalizase a través das páxinas web www.lugo.es, www.elprogreso.es, e www.campionchipnorte.com ou ben persoalmente nas oficinas da Concellería de Deportes, do diario El progreso, e na piscina  municipal de As Pedreiras a partir do martes, día 9 de decembro.

Como en anos anteriores, os participantes poderán recoller os dorsais e os chips na carpa que instalará a organización na Praza de Anxo fernández Gómez o sábado 20 de decembro de 17:00 a 20:30 horas e o domingo 21 de 9:00 a 10:30 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova