Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo investiu no 2008 máis de 400.000 euros en obras de mellora dos colexios da cidade


# Xoves, 04/12/2008
O Goberno Local mantén o seu compromiso cos centros educativos e a súa forte aposta pola educación

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, fixo hoxe balance dos investimentos realizados pola súa Concellería nos últimos anos nos centros educativos públicos da cidade.

A Concelleira explicou como ano tras ano foise aumentando o orzamento adicado á realización de obras de mellora das infraestruturas dos colexios lucenses. Así, no ano 2003 contábase con 155.751 euros, no 2004 con 158.088 euros, 168. 227 euros no ano 2005 e 274.462 no ano 2006. Vieiro explicou que con estos orzamentos leváronse a cabo obras tan importantes como o peche do polideportivo do colexio de A Ponte ou  a cuberta do centro de Casás. 

O ano pasado o Concello investiu un total de 316.979 euros cos que se realizaron, entre outras, obras da embergadura do cambio da cuberta do polideportivo de A Ponte ou a cuberta do parvulario do Colexio de Paradai. Xa neste ano o Concello adicou un total de 400.258 euros aos centros da cidade levando a cabo obras de mellora como o remate da cuberta do polideportivo do colexio de As Gándaras.

A Concelleira indicou que, ademáis destes investimentos para as obras de mellora, cada ano gástanse unha media de 80.000 euros para o mentemento dos centros.
Con todos estos datos a responsable da área de Educación quixo facer evidente o compromiso do Goberno Local cos centros educativos da cidade e a súa aposta pola educación dos lucenses. “Nunca se deixaron aos colexios de lado, de feito cada ano mantéñense xuntanzas cos directores e o consello escolar de cada un dos centros para escoitar cales son as súas prioridades en canto as súas necesidades” .

A Concelleira ademais engadiu que se cumpriu co compromiso de acabar coas barreiras arquitectónicas do colexios, cun investimento de preto de 30.000 euros para dotar de accesibilidade aos centros.

Ademais, recordou que este ano se comenzaron a repoñer os xogos infantís  nos centros da cidade seguindo o criterio de cercanía a outros xogos infantís de uso público. Así investíronse nesta primeira fase 18.000 euros para os xogos infantís no Colexio Manuel Mallo Mallo, A Ponte, As Gándaras e no Quiroga Ballesteros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova