Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

COMUNICADO DE CONDENA DO CONCELLO DE LUGO


# Xoves, 04/12/2008


O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado cometido pola banda terrorista ETA esta mañá na localidade guipuzcuana de Azpeitia que lle costou a vida ao empresario vasco Ignacio Uría Mendizábal.

A Corporación Municipal, representando ao pobo de Lugo, súmase á dor da familia do falecido e condena este brutal atentado que non ten ningunha xustificación.

Ratificamos o noso compromiso de actuar unidos contra este inimigo da sociedade democrática que é o terrorismo, e queremos manifestar unha vez máis que estamos ao carón de todas as mulleres e homes que loitan sen descanso pola defensa da paz e da liberdade.

A cidadanía de Lugo cre na convivencia pacífica, no respecto á vida e na liberdade. Ningún terrorista poderá silenciar a voz firme dos lucenses que reclaman a paz.

Unha vez máis unímonos no mesmo desexo e na mesma condena: Non ao terrorismo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova