Imprimir

ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º DE PRIMARIA DO COLEXIO DOS SALESIANOS VISITARON A CASA DO CONCELLO


4/12/2008 O Alcalde recibiu aos rapaces e rapazas no Salón de Plenos

Un grupo de cincuenta rapaces e rapazas que cursan 3º de primaria no colexio lucense dos Salesianos aproveitaron unha excursión pola cidade para achegarse á Casa Consistorial. Os pequenos, que tiñan oito anos de idade, amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e polo labor desempeñado polo Goberno municipal.

O Alcalde, que recibiu aos rapaces no Salón de Plenos, explicoulles o seu traballo como Alcalde e atendeu a todas as preguntas que lle fixeron os rapaces, como as normas para pasear aos cans pola cidade, a toma de decicións dende o Concello ou como se chega a formar parte da Corporación Municipal.

A curiosidade dos rapaces quedou satisfeita cando recibiron os agasallos institucionais, que consistiron en material escolar e lambetadas.

A visita ao Concello tivo lugar ás once da mañá e estaba encadrada nun día de excursión por Lugo