Cargando....
Concello de Lugo
19/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo será a sede do Campionato de España de Bowling


# Venres, 05/12/2008
A cita terá lugar entre o 6 e o 8 de decembro nas dúas boleras da cidade

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Bolos, José Martínez, e o Presidente do Club Bowling Milesios, Vicente Aguirre, presentaron o Campionato de España Individual de Bowling Trofeo Presidente que terá lugar esta fin de semana nas dúas boleras da cidade.

O Concelleiro  que sexa un verdadeiro éxito e que faga visible a cantidade de xente que disfruta co deporte dos bolos na cidade de todas as idades. Ademais, agradeceu á Federación Española que “designase á nosa cidade para acoller unha competición desta embergadura, na participarán os mellores xogadores de bowling de España”.

O campionato contará con 100 participantes que realizarán as series clasificatorias o sábado e o domingo a partir das 10:00 horas os homes na bolera Pleno de As Termas e a partir das 13:00 horas as mulleres na bolera Pleno da Ronda de As Mercedes.  A final terá lugar o luns día 8 de decembro a partir das 10:00 horas onde 30 xogadores, 24 homes e 6 mulleres, competiran por acadar os primeiros postos da clasificación.

Segundo os organizadores do evento trátase do campionato federativo máis importante do país e, ademáis, é clasificatorio para a selección nacional.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova