Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo estudará as suxestións dos veciños e veciñas para o investimento do fondo estatal


# Mércores, 03/12/2008
A cidadanía poderá realizar as súas propostas a través do portal web do Concello

O Concello de Lugo está a preparar as obras ás que destinará os 16 millóns do fondo estatal para levar a cabo os proxectos municipais. Neste proceso quere dar cabida ás opinións e aportacións por parte da cidadanía lucense.

Trátase de permitir á cidadanía decidir en que investir parte dos 16.610.880 euros aportados polo o Estado. Por iso abrirase un buzón de suxestións no portal web do Concello, www.lugo.es, para que os lucenses poidan realizar as súas aportacións de ideas de maneira individual.

Neste proxecto pódese suxerir todo o que os cidadáns e asociacións consideren necesario para a cidade. Unha vez recibidas todas as propostas, estudarase a súa viabilidade e valoraranse en función de prioridades como o seu interés xeral, a súa urxencia, o apoio cidadán, etcétera.

O prazo para realizar as suxestións estará aberto ata o día 15 de decembro. Dende a Concello de Lugo pídese prudencia nas suxestións xa que os recursos económicos son limitados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova