Cargando....
Concello de Lugo
29/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O 19 de decembro celebrarase o pleno para a aprobación provisional do PXOM


# Mércores, 03/12/2008
O documento definitivo presentouse hoxe no Rexistro Municipal

A Delegada de Urbanismo, María Novo, anunciou a chegada da documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal  e que foi presentada hoxe “en plazo” no Rexistro Municipal. Novo indicou que será o día 19 de decembro a data elexida para a súa aprobación provisional.

O documento será entregado aos grupos da oposición unha copia para que a podan estudar ao igual que os técnicos municipais. “Calquera posible error, podería ser resolto agora sen ningún problema”, indicou Novo.

A Delegada de Urbanismo, recordou que todas as modificacións levadas a cabo no PXOM foron aboradadas nas comisións de Planeamento celebradas ata novembro deste ano. Tanto os técnicos do Concello como os membros da oposición poderán presentar os seus informes sobre o PXOM na Comisión de Planeamento que se celebrará previa ao Pleno do día 19.

A Concelleira mostrouse esperanzada coa aprobación pero indicou que haberá que esperar á sesión plenaria para comprobar as intencións dos outros grupos políticos con representación municipal.

No caso de aprobarse o Plan sería remitido a Consellería de Medio Ambiente para a valoración do seu impacto ambiental e á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que é a que ten a potestad para a aprobación definitiva do documento, un desexo do equipo de Goberno para acadar un desenvolvemento equilibrado da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova