Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo convoca a XI Edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole


# Xoves, 04/12/2008
Na pasada edición presentáronse un total de 88 participantes

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a XI Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: en galego e en castelán.

Trátase dun certame que cada ano esperta todos moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. Na pasada edición presentáronse ao concurso de narración curta 38 obras en galego e 50 en castelán frente aos 13 relatos en galego no 2003.

Como cada ano o tema dos traballos será libre cunha extensión que non superará os 36.000 caracteres ou 20 folios mecanografiados a dobre espazo por unha soa cara. O certame está dotado, en cada unha das modalidades, con dous premios de 1.000 e outros dous de 500 euros, para o primeiro e o segundo clasificado en cada unha das categorías.

A Concelleira indicou que, como todos os anos, publicaranse os 4 relatos gañadores para darlle maior publicidade ás obras. Os autores poderán, con posterioridade á primeira edición do Concello, publicar libremente os relatos.

Os traballos presentaranse antes do 30 de decembro de 2008 no departamento de Cultura do Concello de Lugo (na Praza Maior) nun sobre pechado, baixo un lema ou pseudónimo na parte exterior. Dentro figurarán todos os datos do autor.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova