Cargando....
Concello de Lugo
16/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 7.000 persoas visitaron a terceira edición da LudusParty.net


# Martes, 09/12/2008
Os participantes, chegados dende diferentes puntos de España e do estranxeiro, superaron os 600

A terceira edición da Ludus Party.net rematou cun extraordinario éxito de asistencia e participación. Máis de 7.000 persoas acudiron a visitar esta actividade que estivo instalada ao longo de toda a ponte da Constitución no Pazo de Feiras e Congresos. A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, dixo estar “moi satisfeita polo grande éxito de participación”.

A Ludus do cambio, lema desta terceira edición, contou con 650 participantes chegados dende Ourense, A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e a súa provincia, Ponferrada, Asturias, País Vasco, Cádiz, Valladolid, Madrid, Zaragoza, Portugal, Austria ou Barcelona, que montaron no recinto arredor de 25 tendas de campaña. Zarzuela explicou que lle resulta moi gratificante decir que houbo un número moi importante de participantes de Lugo e da provincia “o que demostra que Lugo xa é un concello dixital, e a nosa xente está involucrada coas novas tecnoloxías”.

De entre todos os participantes chamou a atención que a maioría seguen a ser homes, arredor dun 70%, aínda que o número de mulleres aumentou considerablemente, cunha idade media de 26 anos.

Ao longo de 4 días, participaron en numerosos concursos e xogos virtuais, e puideron gozar de novas infraestruturas, enormes pantallas que permitiron manter conectados as 24 horas aos participantes que non se perderon nin un só detalle do evento. Contaron ademais con switches de gama alta coa velocidade máis elevada empregada polo de agora nos encontros tecnolóxicos de España.

A Ludus Party 2008, que xa é un referente no noroeste peninsular, tivo talleres, conferencias, charlas, competicións  e un plan de actividades que incluiu arte dixital, xogos, software libre, hardwarwe, e outras como competicións de Singstar, Guitar Hero, Dance Dance Revolucion, doblaxe de películas, concurso de fotografía, concurso de mascotas, lanzamento de CD e DVD, carreira de sacos…

Entre os xogos que tiveron máis repercusión entre participantes e asistentes destacou o Guitar Hero World Tour, Far Cry 2, World of Warcraft Wrath of the Lich King e o Mario Kart Wii.

Outro dato chamativo, e que para a responsable municipal de novas tecnoloxías é síntoma do bo estado do uso da rede na cidade, foi a gran participación de persoas na zona de formación “estamos a facer un gran esforzo por achegar as novas tecnoloxías a todas e todos, e por esta zona pasaron máis de 500 persoas”.

Entre as anécdotas desta festa tecnolóxica destacaron os xogos e torneos espontáneos de madrugada e as competicións non programadas entre os participantes desta edición.
  
Foi moi satisfactoria tamén a implicación e participación de 30 asociaciones que quixeron coñecer de primeira man as facilidades que lles da o Concello para a xestión de información a través do portal das asociacións. Presentáronse  e creáronse xa 5 páxinas que están en marcha, 2 de asociacións deportivas, 1 cultural, 1 social e 1 veciñal.

A páxina de ludus, a petición dos participantes, manterase activa no portal web municipal www.lugo.es, ao longo de todo o ano para que se convirta nun foro de encontro e discusión dos coñecidos xa como “luduseros”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova