Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo rexistra cada ano máis visitantes durante a ponte festiva da Constitución


# Martes, 09/12/2008


A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, aproveitou ademais para facer balance dos datos rexistrados pola Oficina Municipal de Turismo durante a pasada ponte festiva da Constitución. A edil destacou que os datos deste ano confirman a desestacionalización do turismo en Lugo “Hoxe podemos decir que a cidade é xa un destino turístico tanto en temporada alta como en datas sinaladas como esta ponte”.

Este ano a Oficina Municipal de Turismo atendeu a un total de 511 persoas e destaca a presenza de turistas nacionais, que supoñen preto do 90%.

Concepción Burgo, sinalou ademais que o dato deste ano é máis positivo se temos en conta que a situación económica actual está repercutindo negativamente no número de saídas en pontes e festivos, reducindo en consecuencia o número de visitantes en moitas cidades, “non é o caso de Lugo”.

Os veciños das catro provincias galegas, seguidos dos castelán-leoneses, son os que máis se achegaron á oficina de turismo do Concello situada no Centro de Interpretación da Muralla. Tamén destaca a presenza de madrileños e asturianos.

Polo que respecta a turistas extranxeiros, pasaron pola Oficina Municipal de Turismo un total de 75 persoas, das cales o 30% proceden do continente americano e o outro 70% de Europa. Estes días visitaron a cidade arxentinos, italianos e ingleses.

A edil destacou que “estas cantidades superan ás do ano pasado, cando recibimos un total de 310 turistas”.

Concepción Burgo explicou que tamén creceu o número de visitantes nos museos municipais. A Casa dos Mosaicos, que é o museo máis consolidado e coñecido, recibiu 562 persoas fronte ás 431 do ano pasado. Pola súa banda, o Centro de Interpretación da Muralla acolleu a 288 visitantes.

O Museo de San Roque consolídase pouco a pouco e recibiu 155 visitas ao longo desta ponte, en tanto que a sala de exposición Portamiñá acolleu a 51 persoas.

Un dos datos máis relevantes que acreditan que Lugo batiu un novo récord de recepción de turistas durante a pasada ponte son as cifras de ocupación hotelera que rondou o 80%. Os datos oscilan entre o máximo dun 90% que rexistraron algúns dos establecementos da cidade e o mínimo do 70% doutro. A media sitúase entre o 75 e o 80% de ocupación nos hoteis e hostais da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova