Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura presenta un completo programa de Nadal con preto de 30 actuacións dende esta fin de semana


# Martes, 09/12/2008
O día 27 haberá un concerto homenaxe a Curros Enríquez no seu centenario

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou o programa de Nadal para este ano 2008 que conta cunha completa programación protagonizada pola música e o teatro familiar. Dende este sábado 13 de decembro e ata o 11 de xaneiro comeza un completo cartel con máis de 29 actuacións dirixidas a nenos e maiores.

Concepción Burgo destacou “a importante cantidade de obras de teatro familiar, teremos 5 obras diferentes con 6 funcións. Mantemos a xa tradicional cita coas corais da cidade con 14 concertos en diferentes igrexas da cidade e un concerto especial o día 17 coa participación da Banda Municipal de música”.

Tamén terán lugar os Cantos de Reis, a cargo da agrupación  María Castaña e Cantar das Eiras e por suposto o Concerto de Aninovo organizado coa colaboración de caixanova e que será o día 4 de xaneiro ás 19:00 horas da man da Orquestra sinfónica do Estado de Ucraína no Círculo das Artes.

Unha actividade novidosa este ano é o Concerto homenaxe a Curros Enríquez baixo o nome “na fronte unha estrela” baixo o formato de recital poético-musical. Trátase dunha iniciativa  que terá lugar o sábado 27 de decembro ás 20:30 no círculo das Artes, coincidindo co centenario da morte do poeta. Unha mezzosoprano e un barítono serán os encargados de poñerlle voz aos poemas de Curros, e o Grupo Instrumental Cítola poñerá música.

A Concelleira anunciou ademais novidades na Cabalgata de Reis que terá lugar o 5 de xaneiro ás 18:00 horas desde o Parque da Miolagrosa “este ano o Concello facilitará ás súas maxestades catro carrozas para que vaian eles e leven os agasallos noutra”.

O día 19 abrirá as súas portas, como é habitual, a Feira de artesanía ArteNadal, que estará na Praza da Soidade ata o 5 de xaneiro de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas.

PROGRAMACIÓN NADAL 2008

SÁBADO 13 DECEMBRO
18.00 h.
MATAPIOLLOS
FLIS-FLI-RIS-FLAS
AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE
Secretaría Xeral de Política Lingüística- Editorial Galaxia
Entrada gratuíta      

DOMINGO 14 DECEMBRO
12.30 h.
BANDA MUNICIPAL DE LUGO
TEMPLETE DA MÚSICA DA PRAZA MAIOR

MARTES 16 DECEMBRO
19.45 h.
BANDA MUNICIPAL DE LUGO
RESIDENCIA DAS GÁNDARAS

MÉRCORES 17 DECEMBRO
20.00 h.
ORFEÓN LUCENSE, SOLO VOCES, CORAL XERAL-CALDE,  CORAL POLIFÓNICA DE VILALBA E BANDA MUNICIPAL DE LUGO
IGREXA DE SAN PEDRO

XOVES 18 DECEMBRO
19.30 h.
BANDA MUNICIPAL DE LUGO
RESIDENCIA DE SAN ROQUE

VENRES 19 DECEMBRO
20.30 h.
ORFEÓN LUCENSE E BANDA MUNICIPAL DE LUGO
IGREXA DE SAN PEDRO

SÁBADO 20 DECEMBRO
18.00 h.
MATAPIOLLOS
FLIS-FLI-RIS-FLAS
AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE
Secretaría Xeral de Política Lingüística- Editorial Galaxia
Entrada gratuíta      

SÁBADO 20 DECEMBRO
20.00 h.
CORO DE SAN ANTONIO
CAPELA DE SAN ROQUE

DOMINGO 21 DECEMBRO
12.00 h.
CORAL XOLDA
IGREXA DO SAGRADO CORAZÓN

DOMINGO 21 DECEMBRO
12.00 h.
VOCES FEMININAS CANTAR DELAS
NOSA SEÑORA DAS FONTIÑAS

DOMINGO 21 DECEMBRO
13.00 h.
RONDALLA SAN JOSÉ DAS GÁNDARAS
IGREXA DO BO PASTOR
           
DOMINGO 21 DECEMBRO
20.30 h.
CONXUNTO VOCAL LUGH
IGREXA A NOVA

LUNS 22 DECEMBRO
18.30 h.
GALITOON
GOLULÁ
AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE
Convenio Concello de Lugo-Agadic
           
SÁBADO 27 DECEMBRO
18.30 h.
CONXUNTO MÚSICO-VOCAL XEADA
IGREXA DE SAN FRANCISCO JAVIER

SÁBADO 27 DECEMBRO
19.00 h.
CORAL NOVO AMENCER
IGREXA DE ALBEIROS

SÁBADO 27 DECEMBRO
20.30 h.
CONCERTO HOMENAXE A CURROS ENRÍQUEZ
“Na frente unha estrela”
Recital poético-musical
CÍRCULO DAS ARTES
Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural - Concello de Lugo
Entrada libre ata completar aforo           

DOMINGO 28 DECEMBRO
13.00 h.
CORAL XERAL-CALDE
IGREXA DE SAN FROILÁN

DOMINGO 28 DECEMBRO
19.30 h.
ORFEÓN XOÁN MONTES
IGREXA DE SAN ANTONIO

LUNS 29 DECEMBRO
18.30 h.
SARABELA TEATRO
CRISTOVO E O LIBRO DAS MARABILLAS
AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE
Convenio Concello de Lugo-Agadic
           
MARTES 30 DECEMBRO
20.30 h.
CANTOS DE REIS a cargo da  ASOCIACIÓN CULTURAL MARÍA CASTAÑA
PRAZA DE ABASTOS
           
MARTES 30 DECEMBRO
18.30 h.
OS QUINQUILLÁNS
O MAGO DE OZ
Teatro familiar
AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE
Convenio Concello de Lugo-Agadic

MÉRCORES 31 DECEMBRO
18.30 h.
DISQUE DANZA
MENÚ VEXETAL (DÁME VERDE)
Teatro familiar
AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE
Convenio Concello de Lugo-Agadic

SÁBADO 3 XANEIRO
18.30 h.
CORAL DA ASOCIACIÓN PROV. DE AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO
RESIDENCIA DAS GÁNDARAS

DOMINGO 4 XANEIRO
12.00 h.
CORO DA IGREXA DE SAN FRANCISCO JAVIER
IGREXA DAS GÁNDARAS
           
DOMINGO 4 XANEIRO
19.00 h.
CONCERTO DE ANINOVO
ORQUESTRA SINFÓNICA DO ESTADO DE UCRAÍNA
CÍRCULO DAS ARTES
Convenio Concello de Lugo-Caixanova
Entrada libre ata completar aforo           

LUNS 5 XANEIRO
13.00 h.
CANTOS DE REIS a cargo das cantareiras CANTAR DAS EIRAS
FONDO DA PRAZA MAIOR

LUNS 5 XANEIRO
17.00 h.
CANTOS DE REIS a cargo da  ASOCIACIÓN CULTURAL MARÍA CASTAÑA
FONDO DA PRAZA MAIOR

LUNS 5 XANEIRO
18.00 h.
CABALGATA DE REIS
DESDE O PARQUE DA MILAGROSA ATA A PRAZA MAIOR

DOMINGO 11 XANEIRO
13.00 h. BANDA MUNICIPAL DE LUGO
CONCERTO DE VALSES DE ANINOVO
PRAZA MAIOR
(En caso de que o tempo non o permita, o mesmo concerto interpretarase no Uxío Novoneyra á mesma hora) 

Feira de artesanía ArteNadal
Praza da Soidade
Entre o 19 de decembro e o 5 de xaneiro (permanecerá pechado os días 25 de decembro e 1 de xaneiro)
Horario de apertura:  11.00 - 14.30 h e 17.00 - 21.00 h.
           
PREZOS E FORMA DE ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Teatro familiar dos días 22, 29, 30 e 31: 2 € a entrada infantil e a 4 € a de adultos, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, unha hora antes da función.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova