Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo prepara a VI edición do xogo da Busca do Tesouro polas rúas da cidade


# Venres, 12/12/2008
Terá lugar os días 29 e 30 de decembro e contará con premios para os equipos gañadores

O luns 29 e o martes 30 de decembro terá lugar en Lugo a VI Edición do xogo da Busca do Tesouro, que organiza a Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo.

Trátase dunha actividade de ocio alternativo para a mocidade lucense que se celebra dende hai 6 edicións dentro das actividades de Nadal que pon en marcha o Concello de Lugo. O obxectivo é que os rapaces e rapazas se divirtan ao tempo que coñecen mellor a cidade e afondan na súa historia.

Nesta edición da Busca do Tesouro haberá dúas categorías de participantes: a Categoría A, que vai dende os 14 ata os 17 anos, e a Categoría B de 18 a 30 anos.

Os participantes estarán divididos en equipos integrados por 3 persoas, que teñen que superar o reto de descifrar diferentes pistas ata descubrir un tesouro agochado nalgún lugar da cidade.

A actividade divídese en dúas fases, cada unha dela con dez pistas, que deben realizarse de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas. No caso de non superar a primeira fase, o equipo quedará descalificado e non poderá seguir xogando.

O concurso interrumpirase ás 13:30 do mediodía para proseguir pola tarde (no caso de non rematar pola mañá) ás 16:00, na mesma proba na que se finaliza pola mañá. Unha vez concluídas todas as pistas de cada fase, os participantes deberán achegarse á Oficina de Información Xuvenil, situada no Centro Social Uxío Novoneyra.

As preguntas ás que deben respostar os equipos, poden ser consultadas nas bibliotecas públicas, empregando tanto libros coma internet, pero queda descartado o emprego de teléfonos e a utilización de internet noutro sitio que non sexa a biblioteca.

O rastrexo deberá realizarse camiñando, e todas as persoas integrantes do equipo terán que acudir xuntas ás pistas para que se lles facilite a seguinte.

É necesario que todos os membros do grupo leven consigo o Documento Nacional de Identidade no trancurso da actividade. Ademáis, deberán ir identificados mediante as tarxetas e o material que se lles proporcionará no momento da saída.

Os gañadores do concurso recibirán os seguintes premios:

Categoría A: de 14 a 17 anos
            Primeiro premio: Ordenador portátil
            Segundo premio: Cámara dixital
            Terceiro premio: Mp4

Categoría B: de 18 a 30 anos
            Primeiro premio: Viaxe a Tenerife
            Segundo premio: Cámara dixital
            Terceiro premio: Mp4

INSCRIPCIÓN
O prazo de inscrición para participar na Busca do Tesouro remata o 22 de decembro ás 14:00 horas.

As persoas que queiran participar neste xogo da Concellería de Xuventude, teñen que presentar o seu DNI e deben estar censadas en Lugo, matriculadas nun centro educativo da cidade (neste caso deberán presentar o xustificante de estar matriculadas) ou traballando en Lugo (presentarán o contrato de traballo)

A mocidade da Categoría A deberá presentar, ademáis dos documentos comúns a todos os  concursantes, unha autorización asinada polo seu titor ou titora, e o DNI do asinante.

Para máis información, os interesados poden chamar ao teléfono 982.297.496 ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil en horario de mañás das 9:00 ás 14:00 horas, e de tardes das 16:30 ás 19:00 horas, de luns a venres.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova