Cargando....
Concello de Lugo
28/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Compras do Concello aproba o asfaltado de camiños e a instalación de puntos de luz no rural por máis de 126.000 euros


# Venres, 12/12/2008
Aprobouse tamén a contratación de tres proxectos para a súa posible inclusión no Fondo Estatal de Inversións Locais

A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou no día de hoxe o asfaltado e acondicionamente de camiños nas parroquias de San Martín de Piñeiro, cun importe de 37.739,29 euros, de Santa María Magdalena de Coeses, por un importe de 32.903,15 euros e Ribadelo a Vilachá na parroquia de Ribas de Miño, por un importe de 29.233,51 euros.

Outra das propostas aprobadas foi a de solicitar o encargo de tres proxectos que posiblemente se inclúan no Fondo Estatal de Inversións Locais, e que son a Rehabilitación da Escola de Santa Comba como Centro Cívico -8.584 euros-, o proxecto da Escola Infantil de Montirón Sanfíz -20.978 euros- e o da Casa da Xuventude nesa mesma zona e co mesmo importe.

O vindeiro luns 15 de decembro remata o prazo para que os veciños fagan as súas suxestións ao Fondo, a partir desa data o Concello decidirá en que se invisten os cartos deste Fondo Estatal que hai que solicitar antes do 24 de decembro. Ata esa data todo o que se presenta son suxestións que poderán ser tidas en conta ou non.

Dentro da Concellería de Zona Rural, tamén se aprobou a instalación de 36 puntos de luz, nas parroquias de Soñar, Tirimol, Santa María de Bóveda, Esperante e Benade, por un importe de 26.398,27 euros.

Outro dos puntos da orde do día que foi aprobado, foi a elaboración dunha páxina web para a Concellería de Medio Ambiente, dentro do Proxecto Rede Natura, da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Esta páxina que conta cunha subvención, pretende o fomento dos valores do río Miño, e ten un orzamento de 3.600 euros.

Desta Concellería tamén se aprobou a construción de bases para a colocación de 12 mesas de madeira no parque do Sagrado Corazón, Acea de Olga e Parque do Miño, por un importe de 10.857,60 euros.

Tamén se construirán as bases para a colocación de bancos no xardín da rúa Marqués de Ombreiro e na rúa Santiago, cun coste de 1.961,85 euros e a colocación de bancos no xardín Ibáñez Méndez por valor de 1.783,50 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova